FORO SOCIAL POLA DEFENSA DO POBO
DÍA 1 DE DECEMBRO, MERCORES, AS 10 HORAS, NO XULGADO Nº 2 DO CONTENCIOSO (A PARDA) VISTA ORAL DO CONTENCIOSO PRESENTADO POLA CONFRARÍA DE CANGAS CONTRA O CONCELLO DE CANGAS POR NON PARALIZAR A EXECUCIÓN DAS OBRAS DO PORTO DEPORTIVO DO SALGUEIRÓN, OBRAS CARENTES DE LICENZA MUNICIPAL E DE SUXEICIÓN A NORMATIVA ALGUNHA
DOCUMENTACIÓN DE INTERESE:
Dictame xustificando a posibilidade da paralización
“En nuestro particular, la hoy concesionaria Residencial Marina Atlántica, está procediendo a ejecutar distintas actuaciones en los terrenos denominados de Massó, Municipio de Cangas del Morrazo, regulación que se encuentra recogida en las Normas Urbanísticas vigentes, aprobados en 1994 que califican la zona como suelo industrial con un 10% reservado a zona residencial; actuaciones consistentes en movimientos de tierra, rellenos, explanaciones, alteraciones del medio, de rasantes etc, las cuáles, y según la información remitida al informante, carentes de título municipal habilitante, gozando única y exclusivamente del título concesional otorgado por la Autoridad Portuaria de Vigo en fecha 25 de Febrero de 2005. Debe recordarse que en el ámbito en el que se está interviniendo por la concesionaria, no existe, a día de la fecha, ningún instrumento de los referidos en los arts. 18 y 19 de la Ley de Puertos del Estado, Plan de utilización de los espacios portuarios, así como tampoco Plan Especial de Ordenación de Espacios Portuarios, por lo que en tal ámbito únicamente existiría la regulación que sobre el mismo se contiene en el documento municipal de Planeamiento, las Normas Subsidiarias del año 1994, por lo que carecerá de fijación de usos distintos a los previstos por estas normas para ese ámbito. Afirmar lo contrario sería igual que reconocer a la Autoridad Portuaria la posibilidad de hacer y deshacer a su antojo, sin más límite que su propia voluntad sin cumplimiento del mandato constitucional dirigido a todos los Poderes Públicos en cuanto a la plena sujeción a la Ley y al Derecho. (Articulos 9 y 103 de la Constitución Española).”
...el Excmo. Ayuntamiento de Cangas del Morrazo debiera proceder de conformidad con los preceptos de la legislación urbanística autonómica referidos, decretando la suspensión y paralización de las obras carentes de licencia en un suelo integrado en el término municipal de Cangas del Morrazo, seguidamente incoar el expediente de reposición de la legalidad urbanística...
Artículo 196.(LOUGA 2002) Prelación de licencias y otros títulos administrativos.
1. Cuando los actos de edificación y uso del suelo y del subsuelo fuesen realizados en terrenos de dominio público, se exigirá también licencia municipal, sin perjuicio de las autorizaciones o concesiones que sea pertinente otorgar por parte de la organización jurídico-pública titular del dominio público. La falta de autorización o concesión demanial o su denegación impedirá al particular obtener la licencia y al órgano competente otorgarla.
2009-09-10 Informe arquitecto municipal
E OS MALABARÍSMOS DELES: Informe secretaria xustificando a imposibilidade de paralización
Asimesmo se recolle dita doctrina na sentencia TC 204/2002, do 31 de outubro, a propósito da lei 13/1996 do 30 de decembro, que tamén indica que a emisión de informe previo sobre a adecuación de obras públicas ó plan municipal, por exemplo, garantiza a intervención do ente local tal e como esixe a garantía institucional da autonomía municipal, polo que non pode apreciarse menoscabo lexítimo da mesma. Respecto a dita cuestión, consultado o Departamento Municipal confírmase a emisión de informe favorable polo Concello Pleno en sesión de data 05.03.01 segundo o preceptuado no artigo 19.1 do texto legal citado.
No xuízo quedou claro o que xa estaba claro nos papeis, que a pesares dun informe do inspector de obras informando sobre a realización de obras de acopio de materiais, movementos de terras e recheos, e dun informe do arquitecto municipal ditaminando que esas obras eran desconformes co planeamento vixente, a alcaldesa non iniciou expediente de restauración da legalidade urbanística. Nin o iniciou nin arquivou argumentadamente os informes. Unha actuación na mellor linea do manual de corrupción urbanística.
A secretaria ratificouse no seu informe onde afirmaba que dende a emisión do informe da anterior secretaria Concepción Campos negando a posibilidade de paralización non houbera ningún cambio lexislativo, e dixo que para ela ese informe era correcto. A xuíza non lle permitiu ao avogado da confraría preguntarlle si consideraba que a lei de portos do 2003 tiña importancia no caso, a pesares de non estar citada como lexislación aplicable no informe de Concepción Campos. Argumentou que non era sitio para facerlle un exame xurídico á secretaria. En cambio permitiu que o avogado do concello lle preguntase si pensaba que o concello de Cangas tiña competencias sobre obras de infraestrutura no mar, e respostou que pensaba que non, sendo a pregunta tamén unha pregunta xurídica.
O avogado de Puentes y Calzadas tentou todo o tempo presentar o a apertura de expediente como unha teima persoal de Abalo, fuxindo no posible de entrar en argumentacións xurídicas.
De tódolos xeitos as argumentacións xurídicas están enriba da mesa, para a realización de obras de infraestruturas no mar era preciso un plan de usos e un plan especial que non existen (o plan especial acordaríase entre autoridade portuaria e concello) e polo tanto o concello ten capacidade de paralizar unhas obras que lle afectan e que carecen de soporte legal. A xuíza vaino ter difícil se quere dar por bo o informe de Concepción Campos, escandalosamente amañado e falto do máis mínimo rigor xurídico (lembremos que argumentaba que o concello xa emitira a súa opinión sobre o ordenamento portuario en Cangas ao emitir o pleno un informe favorable a unha proposta de plan de usos presentado no 2001, proposta que nunca foi aprobada, e tendo en conta ademais que o informe favorable condicionábase a formulación dun plan especial)
Pensamos que non se pode permitir que a inacción administrativa escude obras sen o suficiente soporte legal, sobre todo cando son obras encamiñadas a obter un beneficio especulativo de máis de 250 millóns de euros.
E parécenos patético o intento por parte da autoridade portuaria de Vigo de camuflar as obras como de simple reparación (na que o promotor sería a propia autoridade portuaria). Onde está a licitación e o contrato de esas obras? Qué facían os letreiros de Residencial Marina Atlántica S.A. como promotora? Anos enteiros de hemeroteca e cinco anos de loita contra a inocente e beneficiosa reparación duns molles en Cangas! A capacidade desta xente para crer que os demais son parvos non deixará nunca de abraiarnos!