FORO SOCIAL POLA DEFENSA DO POBO
A Comisión
Coordenadora Xeral de Verdegaia, en xuntanza mantida o día 28
de outubro de 2006 acordou outorgar o 1º
Premio Verdegaia á Mellor Actuación Ambiental ao
Foro Social de Cangas pola súa defensa do litoral da ría
de Vigo.
O Foro Social de Cangas é un exemplo da
forza da cidadanía na defensa da súa realidade. A
integración de colectivos achegados dende distintos ámbitos:
AA.VV., grupos ecoloxistas, asociacións culturais, comunidades
de montes, partidos políticos e sindicatos representa unha
esperanza na forza da colectividade. O traballo divulgativo, a
denuncia e a acción directa non-violenta teñen
sido os sinais de identidade do Foro e merecen a admiración e
o respecto de todos aqueles que estamos a traballar na procura dunha
Galicia próspera, sustentábel, socialmente xusta, cun
territorio ordeado e rica en biodiversidade.
O premio é
unha escultura de Acisclo Novo Manzano que sfoi entregada no decurso
da Cea "Premios Verdegaia" celebrada o sábado 25 de
novembro
