CANGAS NON SE VENDE
FORO SOCIAL POLA DEFENSA DO POBO

O
7 de setembro, na lonxa de Cangas entregaronse as cestas de marisco
que foron rifadas o día do Cristo e que é unha máis
das actividades realizadas polo Foro Social de Cangas cara a obter
financiación para as multas e os gastos de avogados que
ocasionou a defensa do Salgueirón contra a especulación
e o porto deportivo ilegal que se pretendía
facer.
As cestan contiñan:
2 Kg de navallas
2 Kg de ameixa rubia
2 Kg de mexilón
1 Kg de nécora
2 packs de volandeira
1 botella de albariño
e os correspondentes limóns e loureiro para preparar a papatoria...
Os gañadores foron unha peña que se reúne no Bar Jurásico en Coiro e que lle farán os honores esta tarde aos nosos sabrosos veciños que habitan na ría.
Recolleron a cesta a dona do Bar Jurásico e un dos seus afortunados parroquianos.