FORO SOCIAL POLA DEFENSA DO POBO
NOTA DE PRENSA DO FORO
SOCIAL
Parece ser que a empresa Puentes y Calzadas insiste en
tomar as decisións pola brava e tenta facer uso dunha política
de feitos consumados, pretendendo iniciar unilateralmente en xaneiro
as obras dun porto deportivo no Salgueirón. Pensamos que a
información que manexa é errónea, pode ser que
por cegueira propia ou por acreditar a un mentireiro compulsivo como
Ubaldino Rodríguez Bello, que lle vendeu parte da súa
participación na pretendida promoción inmobiliaria
(Caixanova segue a ser maioritaria).
Na documentación
achegada a semana pasada polo Foro Social Pola Defensa do Pobo
(plataforma de asociacións legalmente constituídas) aos
concelleiros de Cangas figuran as seguintes denuncias:
·
Denuncia do Foro ante a Fiscalía de Medio Ambiente (2 de xuño
2006)
· Denuncia por enaxenación de terreo público
contra a Autoridade Portuaria de Vigo (7 agosto 2006)
·
Denuncia a Enrique Sotelo por presunta prevaricación,
falsidade en documento público e tráfico de influencias
polos convenios por el asinados (27 febreiro 2007)
·
Denuncia ao Secretario General para la Prevención de la
Contaminación por prevaricación no proceso de
formulación de Impacto Ambiental (21 setembro 2007)
·
Estudio de irregularidades penais na tramitación da concesión
de porto deportivo e a sinatura do Convenio Massó (outubro
2007)
Coas denuncias figura toda a documentación que
corrobora as afirmacións que se fan.
Hai ademais dous
contenciosos presentados pola Confraría de Cangas (25 febreiro
2006) e unha petición de paralización cautelar
pendente.
Ningunha das denuncias foi rexeitada, arquivada ou
sobreseída, e están a percorrer o trámite
xudicial normal ( por desgraza lento).
Hai feitos fora de toda
dúbida como:
· O proxecto de porto deportivo parte
dun solo cualificado como rústico de protección de
espazos naturais no que está prohibido calquera tipo de
edificación.
· O concurso convocado pola Autoridade
Portuaria de Vigo para a construción dun porto deportivo foi
ilegal porque en terra existía outra concesión de
fábrica de conservas que non foi recuperada e no mar unha
autorización marisqueira da Confraría que non foi
expropiada.
· É IMPOSIBLE recibir as respostas ás
consultas sobre un anteproxecto un 29 de xullo e NUN DÍA
realizar o proxecto constructivo completo que as teña en conta
e o estudio de impacto ambiental correspondente para que o 30 de
xullo estean a exposición pública (en marzo estivo a
exposición pública soamente o expediente
administrativo, nada máis).
· Entre esas respostas
había un informe da Consellería de Pesca desfavorable,
preceptivo e vinculante que foi e esta a ser totalmente ignorado.
·
O Convenio Massó foi asinado entre Enrique Sotelo e o
representante de Frigoríficos do Morrazo o 6 de agosto de
2004, cando seis días antes, o 30 de xullo, a Autoridade
Portuaria de Vigo autorizara o cambio de titularidade da concesión
que tiña Massó Hermanos a favor de Residencial Marina
Atlántico. Frigoríficos, por tanto, xa non era
concesionaria dos terreos de dominio público sobre os que
asinaba un convenio.
· Hai unha finca de dominio público
marítimo terrestre que figura no Rexistro de Propiedade de
Cangas como propiedade privada.
· Ao tratarse dunha unidade
de actuación e atoparse dentro do 500 metros da ribeira do
mar, a aplicación da lei 6/2007 de 11 de maio de medidas
urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral
suspende durante dous anos ou ate que figure nun futuro Plan Xeral
calquera tramitación urbanística sobre O Salgueirón.
·
Os pretendidos recortes e modificacións do porto precisarían
de un novo proxecto e unha nova avaliación ambiental. Non se
pode facer unha obra desta envergadura sen proxecto e o impacto non
ten por qué ser necesariamente menor, deberáse estudar
de novo a dinámica mariña; e para poñer os
mesmos amarres en menos lámina íase precisar dragado
(EN ROCHA) e unha nova tramitación.
Con referencia ao
auto que di poseer Puentes y Calzadas para que a Garda Civil protexa
o inicio das obras do porto deportivo temos que comunicarlle que
cando tivemos coñecemento de ese auto xa fixeramos unha
comparecencia ante o Xulgado de Cangas para reclamar o cumprimento do
artigo 3 da lei de enxuizamento criminal
Artículo 3.
Por
regla general, la competencia de los Tribunales encargados de la
justicia penal se extiende a resolver, para sólo el efecto de
la represión, las cuestiones civiles y administrativas
prejudiciales propuestas con motivo de los hechos perseguidos, cuando
tales cuestiones aparezcan tan íntimamente ligadas al hecho
punible que sea racionalmente imposible su separación.
Por
explicalo con un exemplo, si te tiveran que desaloxar dunha presunta
propiedade privada, primeiro habería que resolver as dúbidas
de si esa propiedade é realmente privada ou é un terreo
público usurpado no que terías todo o dereito do mundo
a permanecer.
Seguimos solicitando, por tanto, que se cumpra e
faga cumprir a lei, e se dean os pasos necesarios para a restitución
da legalidade e o inicio dun proceso transparente no que sea o pobo
de Cangas o que decida o destino destes terreos de actual
cualificación industrial e de protección de espazos
naturais.
FORO SOCIAL DE CANGAS