|
1) Informe da Consellería
Pesca sobre o porto deportivo. a) A copia do proxecto que temos
o FORO no noso poder é un "resumen", polo que
faltan moitos datos sobre o mesmo. Descoñecemos se á
confraría se lle enviou esta memoria reducida para que
realizasen as alegacións sobre ela.
b) informe da
consellería sobre o proxecto básico Páx.
1-2: Describen as características que terá o
porto, segundo o proxecto, as premisas básicas de este e os
condicionantes de deseño. O DIQUE DO PORTO TERÁ
600 m DE LONXITUDE As características previas do porto
non coinciden despois
coas obras que se pretenden realizar. Páx.
3: Comentarios sobre o proxecto.
Nomea un informe da Asesoría
Xurídica da Consellería de Pesca que dí:
1- A aprobación de proxectos de
ampliación de portos conleva a declaración de
utilidade pública
e a necesidade de urxente adquisición de dereitos.
2- Dita aprobación afecta ós
titulares das autorizacións administrativas, que, en
principio, deben ser indemnizados pola privación de tales
dereitos.
3- Calquer actuación a realizar
compete a Autoridade Portuaria de Vigo, que é a que
exercita ditas facultades expropiatorias. Na memoria non se
aporta ningún estudio das poboacións existentes na
área onde se quere ubicar o porto. Páx. 4: Na
zona traballan, ademáis das 172 embarcacións de
Cangas, outras 325 embarcacións da Asociación de
Confrarías da Ría de Vigo, con punto de venda en
Meira (polo que as capturas desta zona de Massó non se
contabilizarían na lonxa de Cangas). Ademáis a
confraría ten autorizado un plan de explotación de
algas. Páx. 5: O proxecto non
cumpre cunha das premisas da súa instalación
que é a de non realizar dragados, que constan na memoria
para realizar diversas explanadas. Para realizar estos dragados e
vertidos deberán realizar estudios que non se aportan. Páx.
6: Parte do material dragado será vertido en praias
próximas, sen indicar en cales. Antes de iniciar
ningúnha obra, o proxecto deberá
someterse obrigatoriamente a unha avaliación de impacto
ambiental. Tampouco cumpre coa premisa do proxecto de
que non creará novos recheos para ubicar novas instalacións
(xa que aterrarán 12.000 m2). Tamén incumpre
dous condicionantes de deseño: 1) rebasa o dique de
Frigoríficos do Morrazo, 2) non ubica os locais de servizos
(hostelería e restauración) en terra Páx.
7: O biólogo da Ría de Vigo, da Consellería
de Pesca, resalta a excepcional riqueza desta zona. Páx.
8: O porto deportivo estragará os fondos mariños,
formados por esqueletos dunha alga calcárea, coñecidos
como "fondos de maerl", ecolóxicamente
importantes por múltiples razóns e para os que UN
PROGRAMA EUROPEO RECOMENDA O COIDADO DOS MESMOS COMO UNHA DAS
PRIORIDADES DE CONSERVACIÓN DAS COSTAS EUROPEAS. O
biólogo da Ría de Vigo apunta que deberían
presentar un ESTUDIO DE VIABILIDADE deste porto, xa que "na
ría xa existe un gran nº de prazas de amarre e
distintos proxectos de construcción de novos portos
deportivos. Páx. 9: A construcción do porto
vai supoñer a perda duns 250.000 m2 de explotación
pesqueira e marisqueira, así como outras afeccións
ós recursos debido á diminución da calidade
das augas arredor do porto e a modificación da dinámica
mariña. (segundo párrafo) "Indican ... que o
único tramo de costa afectado (pola oleaxe) ... é a
Praia de Rodeira". A presencia do porto vai producir unha
modificación de correntes e condicións
sedimentarias, que tamén incumprirían outra das
premisas do proxecto. Por lei deben realizar un estudio máis
detallado sobre a dinámica litoral. Durante a fase de
explotación xerarán impactos sobre os moluscos da
explotación marisqueira da confraría. Páx.
10: Non se garante o vertido de augas pluviais en condicións
de depuración axeitada. Páxs. 10-13: RESUME E
CONCLUSIÓNS Destaca o punto 15), no que consta o informe
desfavorable para o proxecto nos termos actuais, sendo ese informe
PRECEPTIVO E VINCULANTE atendendo á lexislación
galega. O Ministerio de M. A. non o considerou vinculante por non
selo na lexislación nacional. Isto sería moi
discutible, xa que a lexislación galega pode sempre ser
máis restrictiva ca nacional.
Resolución
do 29.11.04 pola que se formula a declaración de impacto
ambiental (BOE 303 do 17.12.04). A exposición
pública foi unha artimaña, xa que NA MESMA SEMANA
QUE A AUTORIDADE PORTUARIA DE VIGO RECIBE AS RESPOSTAS ÁS
CONSULTAS EFECTUADAS SOBRE A MEMORIA RESUMEN DO PROXECTO EMITIDAS
POLAS CONSELLERÍAS DE M. A. E PESCA (29.07.04),
SACA A EXPOSICIÓN PÚBLICA O ESTUDIO DE IMPACTO
AMBIENTAL (B.O.E. de 31.07.04),
SEN POSIBILIDADE DE QUE ESTE RECOLLA AS ALEGACIÓNS DOS
ORGANISMOS COMPETENTES NIN MODIFIQUE OS INCUMPRIMENTOS QUE SE LLES
COMUNICAN. Ademáis, a exposición pública
coincide durante o mes de agosto, no que os funcionarios que viñan
de informar facía poucos días o proxecto básico
se atopaban de vacións, polo que NIN A CONSELLERÍA
DE M. A. NIN A DE PESCA PUDERON PRESENTAR ALEGACIÓNS Ó
ESTUDIO DE IMPACTO AMBIENTAL. (pax. 41293) A autoridade
portuaria de Vigo remite o 07.07.04 á Dirección
Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental o estudio de
impacto ambiental e a copia do anuncio do B.O.E., nesa data aínda
non se publicara.
O estudio recoñece o impacto
severo sobre os caladeros, a perda de fondos para o marisqueo e a
recolección de algas. Para paliar esta afección o
promotor deberá compensar aos titulares das autorizaciones.
NON
PEDIR UNHA PRÓRROGA AOS INICIOS DAS OBRAS DO PORTO MENTRAS
NON SE NEGOCIE O USO DOS TERREOS DE SALGUEIRÓN CONSTITUE
UNHA PROBA DA FALTA DE INTENCION REAL DE NEGOCIAR UN NOVO PLAN
XERAL
Dende o Foro reivindicamos os terreos
de Salgueirón como fundamentais para o desenvolvemento
económico de Cangas e propoñemos unha reunión
das forzas sociais e económicas para estudiar e planificar
as perspectivas de futuro en:
Industria
extractiva Pesca de baixura
Marisqueo a pé Extracción con
mergullo Acuicultura en granxa
Acuicultura a flote Acuicultura en mar aberto
Pesca de altura Extracción de
algas
Comercialización Lonxas
Minoristas Mayoristas Venta por
internet Transportes
Industria
transformadora Conxelados
Conservas Envasado
Infraestructuras
Portos, zonas de amarre e fondeo Servicios
portuarios Areas Industriais
Polígonos de acuicultura Rede viaria e
aparcamentos
Construcción naval
Embarcacións Bateas
Xaulas Asteleiros e talleres
Industria
auxiliar Reparacións navais
Zonas de varada Maquinaria naval e industrial
Suministros navais Redes
Electricidade e electrónica naval
Envases Fábricas de
piensos
Organización Papel dos
organismos oficiais
Administración de
recursos/Posible Axencia Local de Xestión de Recursos
Mariños
Lexislación
Confrarías Organización
empresarial Sindicatos
Cooperativas Lobbies Partidos
políticos Asociacións ecoloxistas
Relacións coa administración pública
Formación e capacitación profesional
Bancos de datos
Cartográficos
Medioambientais Producción
e recursos Oferta e demanda
laboral Financiamento Xestión
de residuos Control da contaminación
Previsión de catástrofes Urbanismo e
recursos Parque Nacional das Illas Atlánticas
Rías Baixas posible Reserva da Biosfera
Consultoría
Seguros Xestorías Oficinas
de enxeñería Consultoría
xurídica Consultoría financeira
Internet
Investigación e desenrolo
Investigación biolóxica
Investigación en tecnoloxía
Inversións públicas Inversións
privadas Sostenibilidade e planificación
Outros
usos Transporte marítimo
Deportes náuticos Portos deportivos
Ocio e areas recreativas
Esta é a
comunicación de Costas que mostra as irregularidades
presentes no convenio de Massó, nos pedimos ademais
responsabilidades ante a tramitación de denuncias. Esiximos
o cumprimento da lei e tramitacións limpas sen
parcialidades.

|
|