FORO SOCIAL POLA DEFENSA DO POBO
MAREA GRIS
Xa o sabíamos, non podíamos agardar nada de esta xente, pero miralo xa plasmado no papel doe.
E doe máis pola estratéxia de ir metendo o espicho pouco a pouco...
Xa se poden baixar os planos e os textos do POL dende http://www.xunta.es/litoral/web/index.php/descargables, os textos cambian totalmente, e dos planos, mirade sobre todo os planos de modelo de xestión, que son os que definen a calificación que lle da o POL; só cunha primeira ollada xa ficamos abraiados do descaro.
Onde na primeira proposta había proteccións varias, corredores ámplos e zonas urbanizables acotadas, agora aparecen unhas proteccións ridículas, reducidas ao mínimo dos mínimos, uns corredores prácticamente inexistentes e limitados case só ás obrigadas policías de cursos fluviais; e unha profusión de zonas de "mellora ambiental" sobre as zonas que antes tiñan protección, para que aparezan agora enormes manchas, claramente maioritarias, do gris "ordenación" subindo polos montes ate deixar só o curuto...De patrimonio, nin se sabe.
E todo cun aspecto evidente de chapuza apresurada, de corrección para atender a intereses concretos...
Mirádeo, sen analizar aínda en profundidade texto e planos, o texto non pasa dunha declaración de boas intencións sen forza algunha, e a posible excepcionalidade imperará e facer unha urbanización "sustentable" en zona de mellora ambiental ou sobre un "espazo de interese" parece ser perfectamente posible..
Pensamos que hai que plantexar unha loita seria contra ese plan, non podemos quedarmos en simples alegacións.