FORO SOCIAL POLA DEFENSA DO POBO
É URXENTE ASEGURAR O PELOTAZO!!
CAIXANOVA NON QUERE AGARDAR A QUE UN PLAN XERAL ESTUDIE CANGAS EN CONXUNTO, QUERE A SÚA RECALIFICACIÓN XA!!
O LACAIO SOTELO PRESENTOU POLA PORTA DE ATRÁS E CONTRADECINDO AS SÚAS DECLARACIÓNS AOS MEDIOS UNHA PETICIÓN DE MODIFICACIÓN PUNTUAL DAS NORMAS SUBSIDIARIAS, AS CONSELLERÍAS DE MEDIO AMBIENTE E URBANISMO TEÑEN A PALABRA
ESTOS SON OS DATOS QUE TEN O FORO:
O convenio de Massó formaba parte do PXOM que tivo o total rexeitamento popular (10.000 manifestantes nunha poboación de 25.000 habitantes). Como o concello se veu na obriga de anular o plan xeral pola oposición veciñal, os promotores recorren agora a unha modificación puntual da norma para tentar, a toda costa, levar adiante unha política de feitos consumados xa que todo o proceso relacionado coa titularidade dos terreos que se pretenden recalificar, deslindes de costas e servidumes están plagados de irregularidades e en revisión.
Aos promotores ÚRXELLES levar a cabo un gran pelotazo urbanístico especulativo que engloba a un porto deportivo tamén plagado de irregularidades e en revisión, anexo a un hotel de luxo en terreos de servidume de protección de costas e calificados como de protección de espazos naturais, xunto a edificacións de luxo e un gran centro comercial na antiga fábrica de Massó (da que varios miles de metros cadrados son tamén terreos gañados ao mar e, polo tanto, Dominio Público Marítimo Terrestre).
Ainda que non temos coñecemento do proxecto exacto que se presentou para a Modificación Puntual da Norma (na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible só están dispoñibles oito páxinas non correlativas), sabemos polos medios de comunicación que é a continuidade do convenio urbanístico asinado polo Concello de Cangas co anterior propietario dos terreos: Frigoríficos del Morrazo. Sen entrar polo miudo, xa que non temos o proxecto definitivo, sinalar unhas pinceladas moi significativas.
1) A liña de costa preténdese modificar mediante a realización dun paseo marítimo que inclúe novos aterramentos sobre DPMT (expresamente prohibido pola Lei de Costas), co pretexto de poñelo a disposición do público pero co único fin de desafectar máis superficie en terra para especular urbanísticamente e ser edificada (estes terreos xa son públicos na actualidade por seren DPMT gañado ao mar e o resto pretenden ser novos aterrados).
2) Os terreos que se pretenden urbanizar inclúen fincas de DPMT inscritas no rexistro da propiedade a pesares da súa prohibición expresa na Lei de Costas, feito que está denunciado no Xulgado e máis na Dirección Xeral de Costas (quen xa llo comunicou ao concello apuntando tamén que coantiosas extensións de terreo eran solo rústico á entrada en vigor da lei de costas, afectando á edificabilidade nos primeiros 500 metros da ribeira do mar ).
3) Tódalas fincas propiedade dos promotores, lindantes con DPMT, foron inscritas tamén no rexistro pero sen o preceptivo certificado de non invasión de DPMT expedido por costas, polo que non se sabe exactamente a superficie real propiedade dos promotores (nalgúns casos as escrituras indican una determinada superficie coa coletiña de que na realidade é moi superior). Ver Sección 4.ª Inmatriculación de fincas colindantes con DPMT (Art. 31. 1. REGLAMENTO GENERAL PARA DESARROLLO Y EJECUCIÓN DE LA LEY 22/1988, DE 28 DE JULIO, DE COSTAS).
4) O ámbito de actuación inclúe, ademáis un mínimo de 50.000 metros cadrados de terreo de DPMT, viais públicos, terreos municipais, terreos catalogados polas normas en vigor como de protección de espazos naturais, terreos afectados por servidumes de costas (dos que a superficie real se descoñece xa que os deslindes recurridos diante de costas catalogaron parte do solo como urbano cando á entrada en vigor da lei de costas eran rurais e carecían de servizos básicos –polo que a servidume marcada nalgúns sitios en 20 m é na realidade de 100-200-), etc.. Todos eles se computan a fin de gañar edificabilidade.
5) Isto supón, que no momento en que se resolvan os recursos e se eliminen os terreos de DPMT, se amplíen as servidumes ao estipulado pola lei de costas e se deixen fora do planeamento os terreos que por lei non son urbanizables (solo de protección de espazos naturais, descontando os de propiedade municipal, viais existentes, etc). os 200.000 metros cadrados que se pretenden recalificar (a cambio de 50.000 metros cadrados de cesións que a data de hoxe xa son públicos ou están afectados) serían na realidade uns 100.000, sobre os que habería que aplicar as cesións estipuladas pola LOUGA, facendo inviable a modificación que se pretende executar.
6) O concello pretende seguir adiante co proxecto xa que éste arranca co convenio asinado no seu día polo actual alcalde co anterior propietario, polo que o concello ingresou por adiantado 1.5 millóns de euros que o equipo de goberno XA GASTOU e agora está obrigado a devolver con intereses se o proxecto non se leva a cabo. Hai que sinalar neste sentido, que tanto o Informe de Secretaría como o Informe de Intervención do Concello de Cangas advertiron no seu día das consecuencias sobre as finanzas do municipio se éste se vira obrigado a devolver esa cantidade por la non incorporación dos convenios ao P.X.O.M.
7) As cesións para pistas deportivas sitúanse en terreos clasificados como solo de protección de espazos naturais, incumprindo a LOUGA, nas marxes da Lagoa da Congorza, catalogada no inventario de zonas húmedas de Galicia (nº 1140208), con 2,602 Ha, situada en zona afectada pola Lei de Costas. Outras cesións son en DPMT ou mesmo sobre a EDAR municipal.
8) Parte dos terreos de Punta Balea, na mesma zona de servidume de protección, clasificados como Solo de Protección de Espazos Naturais está a ser degradado, polo propio concello de Cangas coa connivencia do propietario do terreo e promotor da modificación puntual da norma, a fin de estragar o importante patrimonio natural e acadar a recalificación dos terreos. Este feito foi recentemente denunciado perante o SEPRONA, a Xefatura Provincial de Costas, o Servizo de Usos e Conservación do litoral e mesmo perante o Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, pola acumulación de toneladas de entullos.
9) A Comisión de Peticións do Parlamento Europeo ven de iniciar unha investigación sobre o porto deportivo que acompaña ao desenvolvemento especulativo en terra (porto que tamén pretenden situar partindo dos terreos de protección de espazos naturais) porque, entre outros :
a. Nun só día se recolleron por parte do promotor as suxerencias contidas nas consultas realizadas ao proxecto básico, se efectuou o Estudio de Impacto Ambiental do proxecto e se dispuxo no B.O.E. a publicación para a exposición pública.
b. No mesmo día que se publica no B.O.E. a exposición pública (31 de xullo de 2004), a Autoridade Portuaria de Vigo emite un escrito trasladándolle o informe desfavorable da Consellería de Pesca ao promotor do proxecto.
c. Non existe na Autoridade Portuaria de Vigo ningún documento, con rexistro de entrada, que acredite que o Estudio de Impacto Ambiental se presentou por parte dos promotores para a súa exposición pública.
10) Parte dos terreos de Punta Balea atópanse baixo a xurisdicción da Autoridade Portuaria de Vigo, debido a falsidade documental deste ente para facerse cos mesmos:
d. O 15.04.92 dítase Orde Ministerial referida ao “cuarto proxecto reformado da zona de servizo do Porto de Vigo” que amplía a zona de servizo deste porto incluíndo NOVAS zonas de DPMT que anteriormente non pertencían ao Porto de Vigo. Para a elaboración dese cuarto proxecto, a Dirección Xeral de Portos e Costas, lembráralle á Xunta do Porto de Vigo instrucións sobre a non inclusión de praias na zona de servizo do porto.
e. Previamente, o 17.12.91 a Dirección do Porto de Vigo emite un escrito sobre a ampliación dos terreos do porto a novos tramos da ría, en base a conseguir unha “unidade de explotación” “defendendo as normas de planeamento de cada municipio e resaltando o interese da Xunta do Porto en salvagardar os intereses puramente costeiros (protección, paisaxe, etc.) en toda a zona non afectada por instalacións portuarias”. Este informe era totalmente falso, xa que dende xaneiro de 1990 (case dous anos antes) unha parte dos terreos (deslinde O. M. do 21.06.74, do nº 42 ao nº 50) xa estaban catalogados como de protección de espazos naturais e, ademais entre os puntos nº 21 a nº 50 existían dúas praias.
NOTAS DE IMPORTANCIA:
1) En agosto de 2006 presentouse denuncia ante o Xulgado de Cangas por enaxenación dun ben público do Estado, ao aparecer rexistrada en pleno dominio unha finca que inclúe a mencionada Punta Balea, e que corresponde a dominio público marítimo terrestre.
2) A Fiscalía de Medio Ambiente de Pontevedra ten aberto expediente sobre este e outros aspectos da tramitación en cuestión.
3) Estan abertos dous contenciosos administrativos plantexados pola Confraría de Cangas por non ter aberto trámite de expropiación da autorización marisqueira presente na zona e por non atender informe desfavorable (preceptivo e vinculante) da Dirección Xeral de Recursos Mariños.
4) Tense presentado con data de octubro de 2006 queixa ante a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo cuestionando a validez da tramitación do impacto ambiental do porto deportivo (que aterra DPMT que despois figura como cesións dos promotores da modificación puntual da norma do Salgueirón).
5) En decembro de 2006 requeríuse do Servizo Provincial de Costas de Pontevedra, a apertura de expediente de deslinde que clarifique a situación legal da zona.
6) En xaneiro de 2007 presentouse un recurso extraordinario de revisión ante a Autoridade Portuaria de Vigo no que se cuestiona a legalidade do outorgamento de concesión.

A impaciencia por consumar o pelotazo longo tempo proxectado é alucinante.
Estase a iniciar a redacción dun novo Plan Xeral en Cangas. Un plan que ten que axustarse a legalidade e obter un alto consenso popular mediante a participación veciñal, é o que dicta a LOUGA e é o que xa esixiu o pobo de Cangas rexeitando o plan anterior.
Nun novo Plan se teñen que decidir a situación das zonas verdes, das áreas industriais e cal é o viario mais adecuado para Cangas.
Pero os promotores do pelotazo de Massó (Caixanova) non queren entrar en esta discusión!. Queren unha tramitación á medida, e presa!.
Sotelo, o valedor dos grandes intereses en Cangas, despois de emitir comentarios contra esta modificación puntual na prensa, a cola pola porta de atrás.
Aparece na páxina da Consellería de Medio Ambiente http://medioambiente.xunta.es/template_aea.jsp?page=avaliacion.jsp
Atención a esta páxina, poden aparecer proxectos dos que os medios non che van a alertar!!
O período para comentarios foi dende o 19 de xaneiro ate o 23 de febreiro, o Foro Social presentou os seus, a pesares de que a documentación aparecida na páxina era fragmentaria e inconexa.
O órgano ambiental terá que elaborar un Documento de Referencia marcando as características do informe de sustentabilidade ambiental a presentar, iniciando con iso a tramitación ambiental desta aberración urbanística.
Actualmente a Modificación Puntual está na Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial e Obras Públicas. Temos solicitada entrevista urxente co Director Xeral Sr. Lueje, agardamos que se escoiten as nosas advertencias de ilegalidade flagrante.
O informe xa emitido pola Dirección General de Costas salienta a inclusión de dominio público e os usos hoteleiro comercial e residencial en servidumes de protección, así como que os usos deben contar coa autorización da Comunidade Autónoma.