CANGAS NON SE VENDE

FORO SOCIAL POLA DEFENSA DO POBO




  SERIE DE MESAS REDONDAS ORGANIZADAS POLO FORO SOCIAL DE CANGAS

  1. Massó: qué se pode facer legalmente en Massó?

Leis portuarias, o dominio público, a ordenación do territorio, as figuras de protección, as competencias das diferentes administracións, licencias municipais, convenios, corrupción urbanística, responsabilidades penais...

Día 28, venres, na Lonxa de Cangas, as 19 horas


  1. Massó: a organización cidadán ante os abusos do capital

A marbellización, historia da oposición á marbellización en Cangas, as redes de colectivos, formas de loita, ferramentas de loita, (administrativas, xudiciais, informativas, as mobilizacións, o activismo), dereitos fundamentais, a represión, a manipulación da información, os obxectivos...

Día 30, domingo, na Lonxa de Cangas, as 19 horas


  1. Massó: recursos pesqueiros e emprego

Recursos pesqueiros na ría de Vigo, recursos na área do Salgueirón, os artes, valor económico dos recursos, repercusión na poboación, o “desmantelamento” da pesca de baixura e o marisqueo, os intereses privatizadores na costa, utilización do dominio público. Proxectos especulativos, o seu efecto. Proxectos de centros comerciais, o seu efecto sobre o comercio cangués. Posibilidades de creación de emprego sobre as instalacións de Massó...

Día 1, martes, na Lonxa de Cangas, as 19 horas


  1. Massó: espazo público e ecoloxía

O Salgueirón na actualidade, necesidades da vila de Cangas. Natureza, ecoloxía e paisaxe. A ría de Vigo como unidade biolóxica. Protección da ría. Proxectos destructivos na ría. Urbanismo, espazos libres e zonas verdes. Protección e mellora ambiental. A natureza como recurso...

Día 3, xoves, na Lonxa de Cangas, as 19 horas


  1. Massó: ideas e posibilidades reais, qué facer en Massó?

Creatividade, ideas utópicas, ideas factibles, posibles proxectos públicos, posible expropiación, posibilidades legais e políticas, a vontade de pobo, un posible referendum?....

Día 5, sábado, na Lonxa de Cangas, as 19 horas


Esquema participativo.

Local: lonxa de Cangas

Duración máxima: 2 horas

Moderadora:Mónica Camaño

Lectura de proposta de comunicado de consenso (elaborado previamente entre Foro e invitados/as)

Tentarase invitar a representantes dos distintos partidos e partes interesadas no tema.

Quendas iniciais de 5 minutos ou tempo correspondente a un máximo de 30 minutos

Discusión entre invitados máximo 30 minutos

Preguntas, intervencións do “publico” e discusión conxunta

Votación de puntos de acordo

Lectura de comunicado de consenso

  1. Massó: qué se pode facer legalmente en Massó?

Leis portuarias, o dominio público, a ordenación do territorio, as figuras de protección, as competencias das diferentes administracións, licencias municipais, convenios, corrupción urbanística, responsabilidades penais...

Día 28, venres, na Lonxa, as 19 horas

Moderadora:

Mónica Camaño


Asistentes:

Enrique Romasanta, especialista en dereito portuario

Inma Valeije, profesora de dereito penal na Universidade de Vigo


Disculparon a súa asistencia:

Alberto Muñoz, avogado da Confraría de Cangas


Ignoraron a invitación:

Avogado representante de Marina Atlántica

Secretaria do Concello de Cangas

Representante da Autoridade Portuaria de Vigo


Puntos nos que existíu consenso:

Feitos:

  1. En 1993 a Seguridade Social embargou irregularmente unha finca de dominio público marítimo terrestre, registrada co nº 3.402. Este embargo se cancelou no 2001.

  2. Este mesmo terreo foi embargado en 1997, tamén irregularmente, polo Xulgado do Social nº 1 de Vigo e subastado para pagar as débedas aos traballadores de Massó

  3. Frigoríficos del Morrazo S.A. mercou aos ex traballadores esa finca “en pleno dominio e libre de arrendatarios”, e así figura no Rexistro de Propiedade, agora a nome de Residencial Marina Atlántica S.A.

  4. En 1998 o Xulgado de primeira instancia nº 1 de Cangas adxudicou a Frigoríficos del Morrazo a finca 3220, onde está a fábrica, parte da cal é tamén dominio público portuario obtido en termos de concesión.

  5. A autoridade portuaria de Vigo transmitiu irregularmente (a lei non permitía o cambio de titular nin de uso das concesións) as concesións existentes dende os ex traballadores a Frigoríficos.

  6. No 2003 a APV convoca un concurso para outorgar unha concesión para porto deportivo sen ter un plan de usos nin un plan especial aprobados e sen ter a súa disposición os terreos afectados. No mar había e hai unha autorización pesqueira da Confraría de Cangas e en terra estaba e está vixente a concesión de fábrica de conservas.

  7. O concurso o gañou Frigoríficos (non se presentou ninguén máis) e presentou un proxecto básico para a construción dun porto deportivo.

  8. O proxecto foi enviado a afectados e administracións, que emitiron informes. Un de eles, o da Consellería de Pesca era desfavorable, por afectar os recheos a autorizacións pesqueiras e especificaba que era preceptivo e vinculante.

  9. O 31 de xullo de 2004, un día despois de ter recibido Frigoríficos o informe de Pesca, publícase no BOE a exposición pública de proxecto e informe de impacto, sen tempo material para que estiveran realizados e sen ter en conta os informes aportados.

  10. O mesmo 30 de xullo, sendo alcalde Enrique Sotelo, aprobábanse nun tumultuoso pleno os convenios de Massó e Aldán, condicionados a existencia dun PXOM.

  11. No 2005 aparece a exposición pública o PXOM presentado polo PP, que incluía os convenios.

  12. Por medio da presión veciñal e tras dúas manifestacións, o PXOM se retrotrae á fase de avance.

  13. En setembro de 2005, a pesares de estar o PXOM anulado, comezan as obras do porto deportivo, tendo como construtora a Construcciones Dios S.A.

  14. O 16 de setembro a Confraría e o Foro Social paralizan as obras, e o 3 de outubro, tras un novo reinicio, o Foro Social as volta a paralizar, esta vez de xeito definitivo

  15. En febreiro de 2006 a Confraría presenta un contencioso e solicita a paralización cautelar das obras.

  16. En xullo de 2006 o TSXG denega a paralización cautelar aducindo que os “posibles danos” xa veñen cubertos polo aval presentado de 600.000 € !!

  17. En novembro de 2006 Marina Atlántica presenta unha proposta de modificación puntual das Normas Subsidiarias, que o concello cursa en abril de 2007

  18. En maio de 2007, o PP perde a maioría absoluta e xurde un goberno tripartito BNG, PSdeG PSOE, ACE, co acordo de goberno de opoñerse ao porto e de decidir a calificación de Massó nun Plan Xeral. A alcaldesa é Clara Millán do BNG e o concelleiro de urbanismo Mariano Abalo, da ACE.

  19. O novo equipo de goberno aborda a redacción dun novo Plan Xeral, do que se presenta o avance en maio de 2009.

  20. En decembro de 2007, incorporase a Marina Atlántica a empresa Puentes y Calzadas, que inicia unha nova ofensiva cara a reiniciar as obras do porto

  21. En marzo de 2008, a secretaria do concello de Cangas presenta un informe que conclúe que o concello de Cangas non pode paralizar obras en dominio público portuario. O Foro presenta contra ela e a alcaldesa denuncia por prevaricación, esta denuncia foi arquivada.

  22. En Abril de 2008 hai un intento frustrado de reinicio de obras

  23. O 5 de maio de 2009, máis de un ano despois, comezan obras en Cabo Balea, esta vez coa protección activa de forzas da garda civil

  24. O 17 de maio, o Foro Social presenta un escrito na alcaldía salientando as eivas do informe de marzo de 2008 da secretaria e solicitando a subsanación de erros ou a redacción dun novo informe.

  25. A alcaldesa négase a asinar unha paralización das obras pese a ter os pertinentes informes para iso enriba da mesa.

  26. Xuño de 2009, comezan as detencións e a represión vía sancións e citacións a xuízos a veciños que se opoñen ás obras

  27. A confraría toma parte activa nas mobilizacións, o 20 de xuño, unha manifestación reúne 1.500 persoas

  28. En xuño tamén remata a exposición pública do avance do Plan Xeral. Marina Atlántica presenta un alegato reivindicando a vixencia do convenio Massó.

  29. O 2 de xullo retírase a maquinaria pesada de Cabo Balea.

  30. O 13 de xullo tentan iniciar obras na zona da nave Massó. Voltan as detencións.

  31. O 20 de xullo detéñense de xeito brutal a 16 opositores ao porto. Hai feridos/as e catro deles son, aínda por riba, acusados de atentados.

  32. O 1 de agosto máis de 6.000 persoas acuden á manifestación que pide unha paralización inmediata das obras

  33. O 8 de agosto a concellería de urbanismo presenta un dictame xurídico que argumenta a necesidade de licenza municipal e recomenda a suspensión e paralización das obras e a apertura de expediente sancionador.

  34. A data actual non hai ningunha resolución sobre este dictame e as obras continúan sen paralizar


Análise dos feitos:

  1. O dominio público é inembargable, inalienable e imprescritible.

  2. A tramitación do porto foi enfocada cara a un obxectivo especulativo e os medios utilizados foron delictivos.

  3. As obras deben ser acordes cun plan de usos, cun plan especial redactado para o concello de Cangas e que conte coa participación vinculante do concello de Cangas e deberán ter licenza municipal

  4. Este tipo de “pelotazos urbanísticos” baséanse na lentitude da xustiza e na deixación deliberada de funcións por parte das administracións involucradas

  5. O concello pode paralizar hoxe mesmo as obras por carencia de licenza municipal


Obxectivos:

  1. Obter da xustiza a esixencia de responsabilidades aos autores dos actos delictivos presentes na tramitación. Insistencia nas denuncias por prevaricación en curso nunca arquivadas.

  2. Ante unha posible resolución negativa do TSXG no contencioso da confraría, a ilegalidade persistiría posto que o contencioso refírese exclusivamente a cuestións concretas sobre a autorización pesqueira. A loita continuaría coa mesma forza.

  3. Presentar querella contra a empresa por delito urbanístico e contra a alcaldía de Cangas por colaboración necesaria



Cangas agosto de 2009




2ª- Massó: a organización cidadán ante os abusos do capital

A marbellización, historia da oposición á marbellización en Cangas, as redes de colectivos, formas de loita, ferramentas de loita, (administrativas, xudiciais, informativas, as mobilizacións, o activismo), dereitos fundamentais, a represión, a manipulación da información, os obxectivos...


Domingo 30, as 19 horas, na Lonxa de Cangas


Asistentes:

Xosé Reigosa, representante de A Ría Non Se Vende

Mabel Rivera, representando a Galiza Non Se Vende

Manuel Santos, da Plataforma Medioambiental Corrubedo, involucrado no FSG e FSM


Ignoraron a invitación:

Representante do BNG

Representante do PSdeG PSOE

Representante do PP

Representante de Caixanova


Moderadora:

Mónica Camaño


Introducción:

O Foro Social de Cangas naceu no 2005 como resposta a un Plan Xeral aberrante e marbellizador presentado polo goberno do PP en Cangas. Conseguíuse botalo abaixo pero a loita continuou e continúa contra o intento de especulación en Massó, símbolo ben claro do modelo urbanizador que intenta impoñer o capital. Para obter apoios e rachar a zonificación informativa, o Foro Social de Cangas involucrouse no 2006 na creación da Rede Litoral Vivo, que deu lugar no 2007 a Rede Galiza Non Se Vende e ao seu sector zonal A Ría Non Se Vende. Diferentes colectivos de ambas redes tamén participan en puntos de encontro como o Foro Social Galego ou o Foro Social Mundial. A intercomunicación entre colectivos revelase como un instrumento fundamental de loita, tanto na escala local como na global.


Puntos nos que existíu consenso:


  1. As situacións de continuo abuso que proveñen de proxectos promovidos polo capital e que teñen o apoio dos representantes públicos, aínda que os métodos utilizados para levalos a cabo sexan indecentemente ilegais, non teñen outro tipo de resposta factible que o da organización cidadán.


  1. O esquema utilizado para levar a cabo este tipo de proxectos e case sempre o mesmo, que convén coñecer para poder combatilo:


    1. Compra de vontades políticas (e non políticas)

    2. Ocultación da información

    3. Manipulación da opinión pública utilizando os medios afíns ao capital

    4. Desprezo aos canais de intervención cidadán (administrativos e xudiciais)

    5. Criminalización da oposición aos proxectos

    6. Represión (mediante a forza e mediante sancións e causas xudiciais)



  1. As redes de colectivos independentes dos partidos poden ter unha gran eficacia na loita contra os abusos do capital e do poder. En realidade poden ser a única esperanza. Diante dun futuro que se presenta escuro e difícil a súa importancia será enorme.


  1. Precisamente por isto algunhas destas redes (GNSV, ISAP(soberanía alimentar), RAT(antitransxénicos), RA (anticapitalismo), FSG (foro social galego), etc.) teñen a obriga de intercomunicarse entre si buscando a colaboración mutua en aspectos e obxectivos que lles son comúns.





Obxectivos que se consideran comúns:


  1. Potenciar a sensibilización da cidadanía e a visualización das loitas mediante a información, a mobilización e a denuncia, de cara a formalizar unha base social responsábel e consciente e obter un xeito de intervención cidadán que faga camiñar á sociedade cara a unha democracia verdadeiramente participativa.


  1. Exercer presión (administrativa, xudicial, de opinión pública, etc.) sobre todos os poderes públicos para promover un cambio do modelo de sociedade, coa definición dun modelo económico sustentable e socialmente xusto baseado nos valores da solidariedade e a igualdade de oportunidades.


  1. Pular pola consecución dun plano de ordenación territorial que contemple e respecte as reivindicacións e os intereses do pobo por enriba de calquera interese económico, rexeitando as políticas públicas que poñen os intereses privados por diante do interese público.


  1. Defendernos das agresións dun urbanismo mal entendido que concibe o solo como materia prima de construción e fonte de riqueza para uns poucos, e que reflicte a identificación cun sistema no que se compite por alcanzar un recoñecemento social baseado na maior acumulación de riqueza material, onde calquera medio xustifica tal fin.


  1. Defender o dereito de todos/as a disfrutar dos espazos públicos e da paisaxe coma un patrimonio que debe ser coidado por constituír un sinal de identidade da nosa terra


  1. Na actualidade, soamente defender a aplicación das leis existentes xa resulta de por si un acto “revolucionario”. É preciso poñer isto en evidencia e continuar traballando pola esixencia de responsabilidades á delincuencia do sistema e pola mellora e adaptación ao tempo actual da propia lexislación


  1. Enfocar a conservación da natureza como un proxecto colectivo de dotar ás xeracións vindeiras dos recursos naturais que poidan utilizar para vivir do xeito máis digno posible sen privar de tal oportunidade aos que lles sucedan.


  1. Entender esta loita como unha parte integrada nun movemento global: pensa globalmente e actúa localmente, porque en definitiva o obxectivo é a liberdade nun mundo máis saudable, xusto e solidario.




Cangas, agosto de 2009


3- Massó: recursos pesqueiros e emprego

Recursos pesqueiros na ría de Vigo, recursos na área do Salgueirón, os artes, valor económico dos recursos, repercusión na poboación, o “desmantelamento” da pesca de baixura e o marisqueo, os intereses privatizadores na costa, utilización do dominio público. Proxectos especulativos, o seu efecto. Proxectos de centros comerciais, o seu efecto sobre o comercio cangués. Posibilidades de creación de emprego sobre as instalacións de Massó...

Día 1, martes, na Lonxa, as 19 horas


Asistentes:

Disculparon a súa asistencia:

Ignoraron a invitación:

Moderador:


Puntos nos que existíu consenso:


  1. A ría de Vigo ten unha das produtividades pesqueiras máis altas do mundo

  2. Esta produtividade foi a causa da alta densidade poboacional da zona e incluso da súa expansión industrial

  3. As cifras de emprego directo dependente do mar na ría son:

  1. A venda en lonxa de pesca de baixura da zona 7 achégase os 3,5 millóns de euros anuais (2007)

  2. A venda en lonxa de produtos do marisqueo achégase aos 13,6 millóns de euros

  3. Hai unhas 100 embarcacións auxiliares á acuicultura (mexiloéiros)

  4. A zona que ocuparía o proxecto de porto no Salgueirón ocuparía uns 270.000 m2 dos que 40.000 m2 serían recheos e dragaríanse uns 6.000 m3

  5. A declaración de impacto ambiental recoñecía o posible impacto sobre a praia de Rodeira e establecía medidas de “vixiancia ambiental”.

  6. O informe emitido pola consellería de Pesca recoñece a gran riqueza ambiental da zona, con 261 especies entre as que se atopan as algas coralinas maerl (brughal), indicadoras de moi boa calidade dos fondos.

  7. Ese mesmo informe nomea como especies explotadas na zona tres especies de algas, ameixa rubia, reló, ameixa babosa, carneirolo, volandeira, berberecho rabioso, saltón, marolo, algas pardas, pintos, robalizas, sargos, raias, chocos, polbos..

  8. Fálase da importancia pesqueira da zona ao ser refuxio de pesca cando non se pode faenar noutras zonas.

  9. O informe conclúe que para efectuar o proxecto deberíase demostrar o interese público do mesmo e iniciar os trámites de expropiación das autorizacións pesqueiras existentes nel. O informe declárase preceptivo e vinculante

  10. Evidentemente, non é posible demostrar a utilidade pública dun porto deportivo privado. O informe de Pesca foi ocultado de xeito delictivo.

  11. Faenan na zona unhas 325 embarcacións de toda a ría

  12. O valor en lonxa dos recursos extraídos na zona pode ser superior ao millón de euros anuais

  13. A destrución da zona faría perder eses recursos e podería afectar gravemente á saúde ambiental de toda a ría (é unha zona relativamente estreita, hai menos de 1,5 millas ate o recheo de Bouzas)

  14. Os recursos dos mariñeiros repercuten sobre a poboación en terra

  15. As administracións tratan á pesca de baixura como un sector a “desmantelar” cando é unha actividade sustentable que ofrece produto de alta calidade que podería estar moito máis desenvolvida se estivera ben xestionada

  16. A motivación de ese trato pode ser a presión privatizadora do litoral: o mariñeiro molesta a esa privatización

  17. A autoridade portuaria de Vigo funciona como unha grande axencia inmobiliaria que ocupa o litoral, o destrúe e especula con él

  18. Case o 70% das actividades que se realizan en terreos gañados ao mar poderían realizarse en outra ubicación. Se fan onde se fan porqué resulta “barato” para eles ocupar o mar. En realidade é caro pola destrución ambiental e de emprego que aparella.

  19. A contaminación tamén ten remedio, pero as inversións para solucionala non son tan rendibles para un político como os paseos e os parques infantís.

  20. A construción de portos “deportivos” susténtase na privatización de litoral público para vender o m2 de amarre a prezos que oscilan entre 500 e 3.000 €/m2

  21. Veñen normalmente asociados a promocións especulativas en primeira liña de costa

  22. Os barcos amarrados nestes aparcamentos de iates utilízanse unha media de 13 días ó ano

  23. O plan director de portos deportivos presentado no 2008 proxectaba máis de 6.000 novos amarres para a ría de Vigo e unha ocupación de lámina de máis de un millón douscentos mil metros cadrados (1.250.000 m2)

  24. Os 6.000 novos amarres crearían 40 empregos directos e destruirían os recursos que sustentan centos deles

  25. Ademáis dos portos deportivos existen proxectados máis de 210.000 m2 de recheos portuarios

  26. No proxecto especulativo ideado para Massó proxéctase un centro comercial de 25.000 m2 que tamén se pretende desenvolver usurpando dominio público (un terzo da fábrica de Massó)

  27. Este centro comercial suporía unha competencia formidable para o pequeno comercio cangués (900 empregos) chegando a producir o peche da meirande parte dos comercios, a xeración de emprego precario e mal pagado e un empobrecemento do pobo pola perda das rendas que xeran os alugueres dos baixos onde se desenvolve.

  28. As posibilidades de creación de emprego utilizando as actuais instalacións de Massó son enormes: amarre de flota mexiloeira, base en terra para Parque de Illas Atlánticas, varadeiros, reparación de bateas, naves para equipamentos, espazo feiral, oficinas para xoves empresarios, investigación....


Obxectivos:


  1. Creación dun frente común ante novos recheos na ría

  2. Denuncia da contaminación e esixencia de inversións e vontade real para solucionala

  3. Resaltar a importancia da pesca de baixura e reclamar unha maior atención, inversión e promoción nela como sector de futuro

  4. Denuncia da perniciosa e ilegal actuación da autoridade portuaria de Vigo

  5. Esixencia dunha planificación portuaria (Plan de Usos) suxeita a avaliación ambiental e que respecte de xeito estrito os recursos produtivos

  6. Esixencia de legalidade estrita por parte de tódalas administracións ante proxectos que podan afectar aos recursos

  7. Reiterala denuncia ao concello de Cangas por non esixir licenza municipal ao proxecto de Massó e esixir novamente a paralización inmediata das obras

  8. Solicitar a colaboración do pobo de Cangas e os seus comerciantes ante un proxecto que ten un fin unicamente especulativo

  9. Reiterar dun xeito absolutamente claro que a confraría de Cangas non considera o porto como unha cuestión negociable nin subsanable cunha indemnización, unha destrución irreversible é imposible de indemnizar.

  10. Reiterar que haberá unha resistencia firme a calquera intento de retomar as obras pola forza

  11. Esixencia dunha planificación transparente e participativa para o futuro de Massó a traveso do desenvolvemento do Plan Xeral


Cangas, setembro de 2009

    4- Massó: espazo público e ecoloxía

O Salgueirón na actualidade, necesidades da vila de Cangas. Natureza, ecoloxía e paisaxe. A ría de Vigo como unidade biolóxica. Protección da ría. Proxectos destrutivos na ría. Urbanismo, espazos libres e zonas verdes. Protección e mellora ambiental. A natureza como recurso...

Día 3, xoves, na Lonxa, as 19 horas

Asistentes:

Disculparon a súa asistencia:

Ignoraron a invitación:

Moderador:


Puntos nos que existíu consenso:



  1. A ruína actual do Salgueirón é deliberada, ven da man dun proxecto especulativo e ten o obxectivo de inducir á opinión pública a crer que vai ser un cambio a mellor.

  2. O crecemento desordenado da vila de Cangas ten-a despoxada de espazos públicos que non sexan espazos naturais de obrigada protección.

  3. A utilización de espazos naturais como zonas de lecer pon en perigo a biodiversidade.

  4. O noso entorno natural está sometido a unha intensa presión humana que o deteriora, deteriorando tamén a nosa calidade de vida.

  5. O entorno natural, a paisaxe, é o noso máis valioso patrimonio común.

  6. A ría constitúe un ecosistema de características únicas que funciona como conxunto, o propio ser humano forma parte del.

  7. O deterioro actual da ría parte do desprezo do ser humano e do propio sistema capitalista pola vida que o rodea.

  8. Existen intereses que, en vez de tentar voltar ao equilibrio co entorno, avogan pola destrución total do medio natural, sen contar con que iso significa tamén a nosa destrución.

  9. A presión na ría de Vigo provén de diferentes factores eminentemente económicos: urbanísticos, industriais, de sobreexplotación de recursos, construción de infraestruturas, etc,

  10. Todos eles teñen remedio e existe lexislación que os controla. O problema está na falla de aplicación da lexislación e incapacidade da xustiza para impor o seu cumprimento.

  11. O control e participación cidadán, a traveso de colectivos, ou individualmente resulta fundamental na definición de políticas, proxectos, plans, na denuncia de irregularidades e mesmo na xestión de determinadas áreas.

  12. Unha moi especial atención tense que prestar á planificación. Unha ceda intervención e unha opinión pública forte pode parar proxectos que doutro xeito resultarían moi dificultosos de evitar.

  13. Sempre é máis doado o traballo en positivo que o traballo de pura oposición, pero ésta, as veces, vóltase imprescindible (como na situación actual).

  14. Un entorno natural coidado e en bo estado proporciona calidade de vida e é de por si fonte de emprego. O coidado do entorno crea emprego, moitas actividades precisan dunha calidade do entorno alta, o valor engadido aumenta...




Obxectivos:


  1. Avanzar na sensibilización cidadán sobre o medio ambiente, reclamando a propia cidadanía, de políticos e administracións, o coidado e respecto do medio natural.l

  2. Avanzar na conciencia de que os propios cidadáns teñen que controlar e xestionar, a traveso dos mecanismos de participación, os bens públicos e que recibirán beneficio por iso

  3. Achegar á sociedade o convencemento de que o verdadeiro progreso non pode estar enfrontado co coidado ambiental, senón que, unha calidade ambiental alta é progreso en si mesma.

  4. Reclamar un coidado axeitado para todo o entorno do Salgueirón: as súas naves, os seus peiraos, varadoiros e praias, o seu valioso intermareal, a súas xoias botánicas e incluso o seu trazado urbanístico

  5. Reclamar especial atención a Punta Balea como espazo natural de alto valor que debe ser protexido restrinxindo de xeito racional a actividade humana nel

  6. Reclamar de novo a ampliación da Rede Natura ate incluír tódolos espazos protexidos no Rexistro Xeral de Espazos Naturais de Galicia (NNSS provinciais e espazo 6 Cabo Home, que chega ate Punta Balea, hoxe solo rústico de protección de espazos naturais)

  7. Reclamar a cualificación de estes terreos da UA-27 no PXOM como de protección de espazos naturais

  8. Reclamar a creación na UA-27 do gran parque que Cangas precisa, integrando os seus espazos botánicos de valor, respectando a urbanización actual e rexeitando novas edificacións

  9. Rexeitar, evidentemente, a construción do aparcadoiro de embarcacións, esixir a paralización das obras e o rescate das concesións da zona, desafectando os terreos da actual cualificación portuaria

  10. Estudar usos para o dominio público de Massó acordes coa súa definición de PÚBLICOS: investigación, formación medioambiental, servizo ao Parque das Illas Atlánticas, atención a catástrofes, etc..


Cangas, setembro 2009

  1. Massó: ideas e posibilidades reais, qué facer en Massó?

Creatividade, ideas utópicas, ideas factibles, posibles proxectos públicos, posible expropiación, posibilidades legais e políticas, a vontade de pobo, un posible referendum?....

Día 5, sábado, na Lonxa, as 19 horas

Ignoraron a invitación:

Mesa redonda de formato asambleario


Puntos nos que existíu consenso:


  1. A lei asegura e regula a participación do cidadán na planificación urbanística

  2. O Foro Social ten participado mediante alegacións no Plan Xeral do 2005 e mediante comentarios ao documento de inicio, suxerencias ao Consello de Urbanismo e suxerencias ao avance no Plan Xeral actualmente en elaboración

  3. En todas elas, a reclamación é sempre que O Salgueirón teña caracter público

  4. A zona de Punta Balea é indubidablemente chan de protección de espazos naturais

  5. O Dominio Público Marítimo Terrestre ten caracter público xestionado pola autoridade portuaria de Vigo. O concello ten que intervir na súa planificación a traveso dun Plan de Usos e un Plan Especial, e tamén pode reclamar a súa desafección como terreos portuarios en razóns de interese xeral.

  6. Os terreos do Salgueirón eran rústicos antes da entrada en vigor da Lei de Costas no 98, e seguen a ter características de rústicos, polo que se lle pode aplicar unha servidume de protección de 100 ou incluso 200 m.

  7. A zona do Salgueirón inclúe viais, camiños públicos e terreos municipais e particulares

  8. A superficie a expropiar a Atlántico Construcciones y Promociones S.L. aínda sen aplica-la servidume de 100 m, sería duns 100.000 m2

  9. O prezo do terreo o fixaría un Xurado de Expropiación. En Moaña pretenden expropiar terreos para zonas verdes a 20 €/m2. Estes 100.000 m2 custarían entón 2 millóns de Euros. O pago non tería por qué ser inmediato

  10. Para obter esta expropiación fai falla vontade política e presión cidadán

  11. As ideas sobre qué facer en estes terreos son múltiples pero unha das que ten máis forza é a de crear no Salgueirón o gran parque que Cangas precisa para equilibrar o deu deficit de zonas verdes (-270.000 m2 no 2004)

  12. As naves existentes (patrimonio a protexer) parece evidente que deberan estar dedicadas a equipamentos públicos e á promoción de emprego

  13. Existen recursos públicos para estas inversións? A resposta volta a estar na presión cidadán. Precisa o corredor do Morrazo un desdobramento que custaría 36 millóns de euros?

  14. Sobre un posible referendum hai unha cuestión ben clara: non se pode propoñer a votación unha opción ilegal. Non sería posible votar polo tanto porto si ou porto non. As administracións deben resolver primeiro as cuestións legais. Sí se podería propoñer votar sobre unha expropiación suxeita a lei.


Obxectivos:


  1. Esixir transparencia e o fomento da adecuada participación cidadán na planificación urbanística do noso concello

  2. Insistir na correcta cualificación do solo de protección de espazos naturais de Punta Balea

  3. Insistir na falla de legalidade de situar zonas verdes en terreo forestal ou comunal

  4. Expoñer claramente ao pobo de Cangas a disxuntiva entre zona verde no Salgueirón ou zona verde nos terreos dos veciños/as

  5. Esixir a Concello, Xunta e Goberno Central que os nosos impostos se dirixan a un beneficio real para o pobo de Cangas


Cangas, setembro de 2009