FORO SOCIAL POLA DEFENSA DO POBO
O Foro Social de Cangas ven de presentar no rexistro do Concello sendos escritos dirixidos á alcaldesa e ao concelleiro de urbanismo nos que se analiza un informe da secretaria do Concello, contrario á paralización das obras do porto deportivo do Salgueirón.
O punto clave de este análise é a xustificación por parte da secretaria de que a intervención do Concello xa se víu asegurada cun informe plenario emitido no ano 2001.
Esta xustificación é unha clara manipulación, xa que no texto do propio acordo plenario a favorabilidade do informe viña condicionada á aprobación dun Plan Especial do Porto de Vigo específico para o concello de Cangas, feito que non se producíu nunca.
O Foro Social esixe que a alcaldía inste a secretaria do Concello á subsanación dos erros presentes no informe e á redacción dun novo acorde coa legalidade.
Mentras isto non se fai efectivo, esixe a paralización das obras en función dos informes xa en poder da alcaldía.
Axuntamos os escritos presentados, unha copia do informe da secretaria, unha copia do acordo plenario e extractos de lexislación e xurisprudencia.
Foro Social de Cangas
_________________-
DI : _____________
__________________
36940 -CANGAS DO MORRAZO
Telf.: ___________
e
__________________
DI : ______________
Á atención de CLARA MILLÁN GONZÁLEZ
Alcaldesa-Presidenta do Concello de Cangas
Avda. de Castelao 2
36940 -CANGAS DO MORRAZO
PONTEVEDRA
No seu propio nome e como representantes das persoas e colectivos que conforman o Foro Social de Cangas,
COMPARECEMOS E EXPOÑEMOS:
Que se están a facer referencias continuas, tanto na prensa como en entrevistas da alcaldesa con representantes do Foro Social de Cangas, a informes que sosteñen a imposibilidade de paralización, por parte do Concello, de obras situadas en dominio público portuario. Un de estes informes, citado expresamente, é o emitido pola Secretaria do Concello de Cangas con data de 24 de marzo de 2008.
Analizando o contido do informe, atopamos argumentacións de dubidosa xustificación e eivas que consideramos que sería de importancia clarificar publicamente de xeito detallado.
Non se pode soster a argumentación de que o Concello de Cangas mantivo a garantía institucional de autonomía municipal mediante a emisión dun informe plenario o 5 de marzo de 2001, cando a favorabilidade de ese informe supeditábase expresamente á formulación dun Plan Especial do Porto de Vigo no Concello de Cangas que non se efectuou nunca.
Nin ese Plan Especial se formulou nunca, nin o Plan de Usos presentado en ese momento foi aprobado. Aínda se presentou outro Plan de Usos no 2006 que tampouco se chegou a aprobar.
Constátase que a día de hoxe a Autoridade Portuaria de Vigo carece do preceptivo e imprescindible Plano de Utilización dos Espazos Portuarios da Zona de Servizo do Porto de Vigo (Plano de Usos a formular e tramitar conforme dispón o artigo 96 da vixente Lei 48/2003, de 26 de novembro, de réxime económico e de prestación de servizos dos portos de interese xeral). Como consecuencia tampouco se redactou nunca un Plan Especial para o Concello de Cangas.
Faise referencia ao artigo 19 da lei 27/1992 sen citar a obrigatoriedade de existencia dun Plan Especial sometido á autoridade urbanística local (art. 19 apartado 1) e non se menciona en absoluto ese plan especial en todo o texto do informe.
A xurisprudencia citada chega á conclusión clara de que ás obras non estritamente portuarias e de “interese xeral”, de caracter diverso, deberáselles aplicar a lexislación urbanística xeral.
STC 204/2002, de 31 de octubre de 2002
“La facultad del Estado de incidir sobre la competencia urbanística, sustituyendo la previa licencia por el informe, se limita, por tanto, a las obras portuarias en sentido estricto, pero no puede alcanzar a aquellas otras que, aunque realizadas en la zona de servicio del puerto, son de naturaleza diversa; en tales casos será de aplicación la legislación urbanística general y, en principio, la exigencia de licencia previa que corresponde otorgar al Ayuntamiento competente”.
Non se considera como lexislación aplicable a lei 48/2003, que no seu artigo 96 establece a necesidade dun plan de usos portuarios e a participación municipal na súa elaboración.
LEY 48/2003, de 26 de noviembre, art. 96
La Autoridad Portuaria solicitará informe de las Administraciones urbanísticas y de la Administración pública con competencia en materia de pesca en aguas interiores, ordenación del sector pesquero y deportes, así como en aquellos otros ámbitos sectoriales sobre los que pueda incidir el plan de utilización de los espacios portuarios, que deberán informar en los aspectos relativos a sus propias competencias.
Polo exposto,
SOLICITAMOS:
Que pola Alcaldesa-Presidenta se inste á Secretaria do Concello a subsanar as eivas do informe citado e emitir un novo informe acorde coa totalidade da lexislación vixente e das distintas Sentencias do Tribunal Constitucional.
Que a Secretaría do Concello realice un estudio exhaustivo do expediente referente ao proxecto de porto deportivo no Salgueirón e emita un informe detallado sobre o mesmo.
Consecuentemente, e tendo en conta asimesmo os recentes informes da Concellaría de Urbanismo en poder da alcaldía, instamos á Alcaldesa-Presidenta a adoptar as pertinentes e oportunas medidas cautelares e se dite a paralización das obras actualmente en curso en Cabo Balea, carentes da preceptiva cobertura legal, asinándoo directamente dende a Alcaldía-Presidencia ou delegando a sinatura na Concellaría de Urbanismo.
En Cangas do Morrazo, a 17 de maio de 2009
Asinado: