FORO SOCIAL POLA DEFENSA DO POBO
NOTA DE PRENSA DO FORO SOCIAL DE CANGAS
Vos
enviamos esta nota para saír ó paso das informacións
saídas onte na edición do Morrazo do Faro de Vigo nas
que se afirmaba que saíran as primeiras resolucións
xudiciais relacionadas co conflito producido polo intento de
construción dun porto deportivo na zona do Salgueirón.
Queremos
denunciar o continuo intento de desacreditación do medio
citado hacia o colectivo que se opón a este proxecto, mediante
informacións tendenciosas e manipuladas.
Vos
axuntamos dúas sentencias xa firmes nas que se condena ao
encargado da obra por ameazas e insultos, esa sentencia foi recorrida
e a Audiencia Provincial desestimou o recurso; a outra sentencia
absolve aos imputados (curiosamente os mesmos que figuran na foto
publicada onte no medio en cuestión e que foi tomada no mes de
outubro).
Estas dúas
sentencias son as primeiras no conflito e non ás que cita onte
o diario vigués.
Lle pedimos a este diario unha
rectificación pública e un tratamento informativo veraz
e imparcial sobre todo o relacionado co conflito do porto deportivo
do Salgueirón, conflito complexo no que hai plantexados
contenciosos administrativos, abertos expedientes por presuntas
prevaricacións, falsidades documentais e delitos contra a
ordenación do territorio; expedientes ante o Parlamento
Europeo e outros. Os intereses favorables ao proxecto son os da
financieira Caixanova e están apoiados en convenios asinados
no seu día polo alcade popular Sr. Sotelo.
Cangas a 24 de marzo de 2007
baixar sentencias:
