|
COORDINADORA
POLA DEFENSA DO LITORAL DO MORRAZO
PRIMEIRA
REUNIÓN O 4 DE FEBREIRO
O
PROGRAMA ELECTORAL DO PSdeG-PSOE
COMUNICADO
DO 4 DE FEBREIRO
REUNIÓN
DO 4 DE MARZO
CARTA
A TOURIÑO
REUNIÓN
DO 6 DE MAIO
A
UNIÓN FAI A FORZA: CREACIÓN DA COORDINADORA DO
MORRAZO POLA DEFENSA DO LITORAL
Se celebrou a
proposta da asociación ANDUXÍA de Bueu unha xuntanza
de colectivos implicados na protección do litoral do
morrazo, que está seriamente ameazado polas hordas da
especulación náutica e urbanística, como xa
sabedes ben: Aguete, Pescadoira, Praia de Beluso, Praia de Pitis,
Praia de Rodeira, Praia de vilariño, Costa do Salgueirón,
etc.... Se pensou en catro colectivos en principio:
Anduxia (Bueu), Foro Social (Cangas), Luita Verde (Moaña),
Chilreu (Aguete-Marín) coa a data do primeiro sábado
(4) de Febreiro. Asistiron ademais Morrazo Verde de Moaña,
COLECTIVO NACIONALISTA DE MARÍN, APDR. Asamblea de Marín,
GRUPO CULTURAL RONSEL de Aguete e CIMO-CASTELAO de Marín.
A idea básica é chamar a atención
conxuntamente sobre o perigo irreversible que corre o litoral do
morrazo. E sobre todo reclamar o actual goberno da Xunta que
aplique as promesas do seu programa electoral no que o litoral se
refire. Promesas que figuran no programa do PSdG-PSOE que se
adxunta e que non ten desperdicio.
PROGRAMA
ELECTORAL PSdG-PSOE 2005 (dende A-Z)
Ordenación de
usos do litoral e medio rural
Os gobernos do
PP foron plenamente conscientes da fortuna xeográfica e
económica do litoral galego: climatoloxía suave;
riqueza paisaxística; atracción turística;
infraestruturas portuarias de primeira liña; actividade
industrial consolidada e economía de servizos en
crecemento. Por iso a costa galega vén
sufrindo unha acelerada presión inmobiliaria e de usos,
depredadora duns recursos estragados á marxe de criterios
de sostibilidade.
Para poñer coto ós
evidentes efectos perniciosos deste proceso, reiteradamente a
Xunta de Galicia prometeu controla-la edificación na fronte
litoral. Política que nunca levou á práctica.
Tampouco a Xunta de Galicia aproveitou a oportunidade que lle deu
o Goberno central, ó transferirlle a dirección das
grandes infraestruturas portuarias. En vez de crear unha rede
portuaria integrada, especializando e coordinando os usos de cada
gran porto, segue mantendo a posible competencia entre eles.
En canto á xestión dos portos deportivos, os
gobernos do PP caracterízanse por prima-los intereses
privados fronte ó xeral dos galegos.
Claudicando ante presións económicas, a Xunta de
Galicia autorizou a construción indiscriminada de portos
deportivos, sen planificación ni respecto ó entorno
paisaxístico afectado.
Na mesma liña,
os gobernos do PP descoidaron e desprotexeron os valores medio
ambientais que, precisamente, son o mellor atractivo do litoral
galego. Salvo as medidas paliativas pola mala xestión do
"Prestige", a Xunta de Galicia non executou un programa
serio de recuperación, mantemento e mellora das praias.
Obxectivos
-
Racionaliza-lo crecemento residencial, turístico e de
actividades no litoral galego, basculando o asentamento cara a
espazos interiores.
- Suavizar a edificabilidade e
tipoloxía construtiva na costa de Galicia, adaptando as
edificacións á paisaxe e ó contorno.
-
Coordinar, especializar e complementa-las actividades das grandes
instalacións portuarias.
-
Somete-la proliferación de portos deportivos ó
impacto paisaxístico e protección do medio
ambiente.
- Recuperación integral de todas as
praias degradadas, adoptando medidas constantes de conservación
e mantemento. Simultaneamente e dentro dos límites de
sostibilidade, mellora de instalacións e accesos para
disfrute público.
Medidas 1.
Aprobaremos límites sostibles de edificabilidade
residencial na fronte litoral.
2. Aprobaremos un plano
integral de infraestruturas portuarias, que coordine e especialice
os grandes portos galegos.
3. Aprobaremos un plano integral
de portos deportivos, que limite a súa localización
a aqueles espazos que non afecten a praias nin outros valores
paisaxísticos e medio ambientais.
4. Executaremos un
programa intensivo de recuperación, conservación e
mantemento de praias, así como proxectos específicos
de mellora dos seus accesos e instalacións.
5.
Proporemos que as rías galegas sexan declaradas Reserva da
Biosfera para impulsar a pesca e o desenvolvemento sostible das
rías. Esto conlevará un plano de rexeneración,
preservación e saneamento integral das rías
enmarcado nun plano de Usos do Litoral.
6.
Afrontarémo-lo reto de conseguír o verquido cero de
augas residuais nas cidades do litoral.
7. Os sucesivos
gobernos autonómicos e centrais do PP mostraron un
manifesto desinterese pola riqueza rural do territorio. Simulando
unha preocupación polo medio rural e o "feísmo"
construtivo, en realidade o Partido Popular abriu a veda do solo
rústico dende que asumiu a tese da potencial urbanización
de todos os terreos que non acrediten un valor singular digno de
protección.
8. De este modo os gobernos do PP
converteron os valores naturais, ambientais, paisaxísticos,
produtivos, históricos, arqueolóxicos, culturais,
científicos e educativos en residuais. En Galicia, a
singularidade destes valores está na sua condición
común á maioría dun territorio especialmente
fraxilizado pola dispersión, o minifundio e a crise
agraria. Como vén de mostrar a diseminación
urbanística das últimas décadas, no noso país
o valor a preservar é o común ó conxunto do
territorio.
SEN
COMENTARIOS
COMUNICADO
DOS GRUPOS DO MORRAZO POLA DEFENSA DO LITORAL (4 FEB 2006)
Reuníronse o sábado en Bueu mais de vinte persoas
representando diferentes colectivos do Morrazo preocupados pola
defensa do litoral: Anduxía de Bueu, Luita Verde de Moaña,
Chilreu de Aguete, Colectivo Nacionalista de Marín, Amigos
do Morrazo Verde de Moaña e Foro Social de Cangas. Deuse
un repaso as distintas actuacións que se están a
levar a cabo ou se proxectan no Morrazo e a problemática
que comportan: Portos deportivos de S. Adrián de
Cobres, Domaio, Moaña, Cangas e Beluso; proxectos de porto
deportivo no Latón, Salgueirón e Bueu; proxecto de
centro de interpretación arqueolóxica Berobreo, en
Donón; proxecto de ampliación do Porto de Aldán;
dragados na Praia do Santo; proxecto de ampliación do dique
de Aguete, corredor do Morrazo, circunvalación de Marín...
Extraese unha conclusión clara de que unha presión
urbanística descontrolada está a promover actuacións
apresuradas, mal tramitadas, faltas dos suficientes estudios
técnicos, e mesmo a efectuar acoso sobre os alegantes ou
obter firmas a favor dos proxectos utilizando a manipulación.
Os
efectos sobre o medio ambiente se están xa a mirar as
claras coa desaparición da Praia de Pescadoira e de Beluso
e a desaparición de bancos marisqueiros debido a
compactación dos fondos producida por ralentización
de correntes.
Os
efectos sociais son tamén evidentes, o mar se empobrece, a
especulación ofrecese como única alternativa, chegan
compradores de nivel adquisitivo moito mais alto, a vida se
encarece, non se crea traballo e a única saída é
a venta do patrimonio familiar e a emigración.
Os
portos deportivos apenas xeran empregos, as zonas comerciais dos
novos portos supoñen competencia para o comercio e
hostelería local, as embarcacións utilízanse
unha media de 14 días o ano e para iso se venden ou alugan
terreos públicos e se fan improductivas importantes
zonas de pesca.
As
actuacións das administracións adicadas a
conservación do medio ambiente tampouco son boas, falta
planificación e coordinación, se declaran zonas
protexidas para dar a imaxe conservacionista e despois se permite
ou mesmo promove actuacións destructivas. Como exemplo,
unha rexeneración medioambiental na praia de Melide, en
Cangas, duplicou o ancho das pistas, provocou erosión coa
canalización de pluviais e nos mostra en carteis
informativos importantes endemismos de Melide (Lugo).
Na
Xunqueira de Moaña se prevé una rexeneración
con importantes erros e que non é mais que a primeira fase
das tres que estaban previstas con anterioridade e agora se mostra
como gran logro.
Todos os grupos están de acordo en que a preservación
do entorno, a mellora da calidade de vida e a obtención dun
desenvolvemento sostible son prioridades sociais as que se debe
chegar pola vía do diálogo e a información
non manipulada.
Saliéntanse as bonitas palabras expresadas no programa
electoral para as eleccións autonómicas do PsdeG
PSOE, que fala de racionalización, planificación,
preservación, saneamento e respecto ao entorno, e da
proposta de declaración das Rías Baixas como Reserva
da Biosfera. Estas palabras non
poden quedar en promesas electorais incumpridas. A proposta
de Reserva da Biosfera pode ser un marco de grande axuda para que
a través do diálogo se preserve o entorno, se
exploten adecuadamente os recursos e se obteña o desexado
desenrolo sostible. Débense estudiar as alternativas
axeitadas, valorizar a vida dos homes do mar, non deixar morrer o
marisqueo a pé que é a verdadeira acuicultura
natural e percurar outras solucións como a das mariñas
secas para as embarcacións de recreo.
Decidiuse crear unha Coordinadora Pola Defensa do Litoral do
Morrazo e manter reunións mensuais, sendo a seguinte o
4 de Marzo en Aguete. POR UN
MORRAZO DESENVOLVIDO, NATURAL E LIBRE DE ESPECULACIÓN
ANDUXÍA:
plataforma pola conservación e rexeneración do
litoral de Bueu MORRAZO VERDE LUITA VERDE COLECTIVO
NACIONALISTA DE MARÍN APDR. Asamblea de
Marín GRUPO CULTURAL RONSEL CIMO-CASTELAO FORO
SOCIAL DE CANGAS
NOVA
REUNIÓN O 4 DE MARZO
COMUNICADO
DE PRENSA DA COORDINADORA POLA DEFENSA DO LITORAL DO MORRAZO
A
coordinadora pola defensa do litoral do Morrazo reuniuse o
Sábado 4 de Marzo en Seixo coa seguinte orde do día:
Avaliación
das medidas que a administración esta a barallar para a
“recuperación” de zonas do litoral degradadas
pola acción do home.
Análise
do proxecto de construcción dun gran porto deportivo e
urbanización na zona do Salgueirón
Análise
do proxecto de ampliación do porto de Aldán.
Chegándose
as seguintes conclusións:
As
administracións competentes no litoral, Portos de Galicia,
Costas do Estado e Portos do Estado, deben asumir os errores
do pasado e “poñerse as pilas” comezando
por investir cartos públicos en proxectos de recuperación
das zonas degradadas da costa morracense como Pescadoira, Aguete,
etc...Deben ser actuacións serias e contrastadas, baseadas
en estudios detallados da dinámica do noso litoral.
Entendemos que se esta a “vender” como
recuperación do litoral actuacións que máis
ben supoñen todo o contrario, como o aporte de area
foránea as praias, a construcción de paseos
marítimos e zonas axardinadas por riba de praias e
penedos, a apertura de aparcamentos e pistas, a plantación
de pinos nos sistemas dunares, etc.
Por
outra banda, os colectivos da coordinadora do litoral do Morrazo
queren facer público o seu apoio total o FORO SOCIAL DE
CANGAS, que loita por impedir a urbanización
depredadora dunha importante franxa do litoral morracense. Neste
senso, representantes dos colectivos desta coordinadora e de
todas aquelas asociacións que se queiran sumar, acudirán
o sábado 11, as 12 da mañán, a zona do
Salgueirón, invitados polo Foro Social, para coñecer
de cerca os graves danos sobre o litoral cangués que
ocasionaría a execución deste proxecto.
Por
ultimo, esta coordinadora quere amosar a súa total
oposición o proxecto actual de ampliación do porto
de Aldán. En caso de executarse constituiría un
novo delito ecolóxico na costa do Morrazo polos graves
danos sobre as praias e os bancos marisqueiros próximos
que comportaría. Podería afectar as praias de S.
Cibrán, Picos, Vilariño, Cagallón e Arneles.
De ningunha maneira a administración pode volver a cometer
os mesmos erros unha e outra vez. Debe cumprirse a legalidade
mais estricta no estudio e tramitación do proxecto e
buscarse novas alternativas. Como, por exemplo, eliminar parte
do desafortunado recheo que se fixo hai pouco nesta zona para
recuperar así parte da dársena natural que existía,
co cal se aumentaría notablemente a superficie de atraque.
Alguén pode pensar que isto sería moito máis
caro pero ¿canto vale unha praia?.
*Colectivos
reunidos:
Plataforma
Anduxía (Bueu)
Foro
Social de Cangas
Luita
Verde (Morrazo)
Morrazo
Verde (Morrazo)
Cooperativa
Cíes-Artesanais (Cangas)
Asociación
de Veciños "O Tombo" de Ardán
Asoc.
Cultural “A Tiradoura”
Natura
Céltica (Cangas)
Asoc.
Cultural Ronsel (Seixo)
Cimo-Castelao
Colectivo
Nacionalista de Marín
CARTA
DA COORDINADORA POLA DEFENSA DO LITORAL DO MORRAZO Ó SR.
TOURIÑO
Excmo. Sr.
Presidente Xunta de Galicia Pazo de San
Caetano SANTIAGO
Estimado Señor: Por medio da presente dirixímonos
a Vde. co fin de reclamar a súa atención sobre os
feitos que están afectando gravemente á costa de
Galicia, especialmente ás Rías Baixas, e tendo como
negativos exemplos o que está a acontecer nos concellos do
Morrazo.
Como sabe, Sr. Presidente, o uso e o coidado que unha sociedade dá
ó seu territorio reflexa a súa situación, a
súa sensibilidade e a súa cultura, a súa
capacidade de adaptación...: o seu ser.
Galicia ten unha das costas máis ricas, variadas e fermosas
de Europa, que sustentan no material e espiritual a un pobo
volcado ó mar. Durante as últimas décadas
estas costas están sufrindo cambios vertixinosos; a
construcción voraz e o desenvolvemento especulativo e o
afán privatizador esténdense rapidamente polas
marxes das rías e praias, chegando incluso ás beiras
dos cantís, inundándoas de casas, chabolas,
estradas, tendidos, portos deportivos, etc... nunha descomunal
desorde. Incluso zonas apartadas e ata fai pouco virxes son
ocupadas no vran por multitudes de visitantes que sen que nada o
impida chegan co seu coche ata a beira mesma do mar, degradando a
vexetación e os areais e enchendo o litoral de lixo. A
lista de problemas non remata aquí: a contaminación
das augas por vertidos urbanos e industriais, os aterramentos, a
degradación dos ecosistemas terrestres, etc., son cuestións
que a todos soan, non é necesario esgotar o rosario de
problemas para facer un diagnóstico sombrío: o
noso litoral está en crise.
Fronte a estes problemas pouco se ten feito. Certamente hai casos
puntuais meritorios, como a declaración do Parque Nacional
das Illas Atlánticas, ou os pasos dados polo seu Goberno
para permitir a primeira Reserva mariña de Galicia fronte
as costas de Carnota, ou a paralización das Normas de algún
concello dos muitos que non cumpren a Lei; pero o que campa as
súas anchas é a tolerancia, a desidia, o populismo
barato de votos para hoxe e fame para mañan, e a impresión,
espallada na cidadanía, de que case todos os responsables
políticos consideran o seu cargo non como un servicio ós
cidadáns co que velar polo ben e o patrimonio comúns
senón como unha plataforma para facer negocios,
promocionarse politicamente ou servir a intereses particulares.
As
rías son ecosistemas naturais que teñen un valor
ambiental e económico, ademais de cultural, incalculable; e
calquera actuación sexa da Administración que sexa
debe ser respectuosa con eses valores e escrupulosa no cumprimento
da Lei, primando o interese social por enriba dos intereses
particulares. A postura das Administracións Públicas,
Sr. Presidente, non debe ser a de escorrer o bulto ou competir por
ser quen menos protexe, senón a de garantir a conservación
dun patrimonio que debe ser orgullo de todos e todas.
Por tal motivo, os abaixo asinantes, que representamos a
diferentes colectivos ambientais, culturais e sociais da Comarca
do Morrazo, apoiados por outros de outros puntos da xeografía
galega, pedímoslle:
1.
A inmediata paralización cautelar do Expediente de
construcción do Porto Deportivo de Massó,
en Cangas, e ordene unha investigación das irregulares
actuacións administrativas levadas a cabo pola Autoridade
Portuaria de Vigo, que están a causar un gran malestar
social entre os mariñeiros e o pobo de Cangas, foron motivo
xa de dúas preguntas Parlamentarias e están
provocando manifestacións e a paralización das obras
por parte dos veciños dende hai mais de seis meses.
2.
A recuperación da fermosa praia urbana de Pescadoira
en Bueu, gravemente danada pola ampliacion do porto de Bueu e
amenazada por continuos recheos.
3. O estudio de posibilidades
técnicas para deter o basculamento da praia de Beluso,
xa anunciado coa construcción do superfluo porto realizado
por Cuíña. Que se estudie como posibilidade o
desmantelamento de dito porto.
4. O prometido peche
de ENCE en Lourizán e a pronta rexeneración
ambiental da zona.
5. Unha moratoria
na construcción de portos deportivos e recheos portuarios,
en tanto non se estudien os impactos e as súas repercusións
sobre os ecosistemas mariños e estean construídos en
base as criterios de sostibilidade, necesidades reais e non a
intereses especulativos. Débese facer unha planificación
conxunta das rías e un adecuado seguimento posterior, no
Porto de Marín se fixeron
recheos dunha superficie seis veces maior da aprobada e en Vigo, o
ilegal e pernicioso recheo de Bouzas
non para de aumentar.
6. O máximo
control sobre a planificación urbanística dos
concellos do Morrazo e Rías de Pontevedra e Vigo,
rexeitando crecementos fantasiosos, orzamentando servicios e
saneamento adecuados a poboación actual e prevista, e
salvagardando os valores naturais, paisaxísticos e
medioambientais.
7.
Sensibilidade e accións rexenerativas que axuden a encaixar
o alto impacto provocado polo Corredor do
Morrazo e a Variante de Marín. Promoción e
protección do bosque autóctono (Carballal de Coiro e
Montes do Morrazo como enclaves senlleiros). Medidas contra a
usurpación de terreos comunais e respecto a idiosincrasia e
o patrimonio sociocultural.
8.
O afianzamento da liña de 200 metros
de Solo Rústico de Protección de Costas da LOUG, en
espazos de relevante valor ecolóxico, xeolóxico e
patrimonial, como por exemplo o monte do
Ramil e a Carballeira de Castroviejo
na parroquia de Tirán, concello de Moaña.
9.
Que se inicien os trámites para a inclusión
no Parque Nacional das Illas Atlánticas dos
territorios continentais de Costa da Vela (Cangas), Cabo Udra
(Bueu) e Illa de Tambo (Marín), que ofrecerían unha
nova perspectiva do espacio, novas posibilidades para unha xestión
máis eficaz e despexarían a dúbida de
calquera posible acción especulativa no futuro.
10. Que se definan e regulamenten coa
maior premura as zonas da Rede Natura 2000
de Udra, Costa da Vela e Enseada de San Simón e que mentras
non se leve a cabo esa regulamentación se aplique a
normativa europea de Redes Natura co máximo rigor nas zonas
declaradas e nas súas areas limítrofes.
11. Se inicien os trámites,
tal como manifestou Vde. en algún momento, e figura no
programa electoral do PSdeG - PSOE, para a declaración das
Rías Baixas como Reserva da Biosfera,
o que contribuirá sen dúbida a súa proxección
internacional, a un desenvolvemento ben entendido e construído
coa participación de todos e todas.
Saiba, Sr. Presidente, que contará co noso apoio para estas
iniciativas e outras que poida tomar co fin de preservar o valioso
patrimonio natural que representan as Rías e as súas
costas. Reciba un atento saúdo
Plataforma
Anduxía (Bueu) Foro Social de Cangas Luita Verde
(Morrazo) Amigos do Morrazo Verde (Morrazo) Cooperativa
Cíes-Artesanais (Morrazo) Confraría San Xosé
(Cangas) Asoc. Cultural "A Tiradoura"(Cangas) Natura
Céltica (Cangas) Asoc. Cultural Ronsel
(Seixo) Cimo-Castelao Colectivo Nacionalista de
Marín Comunidade de Montes en Man Común de Darbo
(Cangas) Plataforma en Defensa da Enseada de San Simón A.A.V.V.
"O Tombo" (Ardán) Grupo Anduriña
(Cangas) Xestora pola recuperación dos montes en man
común de Aldán (Cangas) Asociación Pola
Defensa da Ría APDR (PONTEVEDRA) Plataforma Pola Defensa
da Ría- Cíes ( Vigo) E o apoio de : Voces
Polo Litoral de Teis (Vigo) Salvemos Monteferro (Nigrán) ADEGA
REUNIÓN
DO 6 DE MAIO
A
COORDINADORA POLA DEFENSA DO LITORAL DO MORRAZO realizou a súa
reunión mensual o pasado sábado 6 de maio en Moaña,
chegándose as seguintes conclusións:
§
Denunciar o lamentable maltrato e descuido que sofren as praias
urbanas do noso litoral. A pesar de que son un valor turístico
singular e de constituír importantísimas zonas de
disfrute e esparcemento para os veciños, tanto para os
maiores coma para os nenos que adoitan xogar nelas, atópanse
estes areais, en alguns casos, cheos de todo tipo de restos e
lixo, chegando o extremo de voltarse insalubres para a poboación.
Dando así unha imaxe penosa do noso fronte litoral. Este
abandono das praias urbanas por parte da administración,
non atinxe so a falla de limpeza, senón que tamén
existe outro abandono que podería chamarse "ecolóxico"
xa que non se realiza o mínimo esforzo pola recuperación
daqueles areais urbanos danados estruturalmente, xa sexa pola
construción de infraestruturas portuarias, recheos ou
outros tipos de agresións ecolóxicas como poden ser
os verquidos directos. En outros casos, a maquinaria de limpeza
e a urbanización destrue vexetación e desnaturaliza
a praia. Exemplos de praias urbanas son: Domaio, A Xunqueira e
O Con en Moaña; Rodeira, praia da Ribeira, Vilariño,
Picos, San Cibran e praia do peirao de Aldán en Cangas;
Beluso, Banda do río e Pescadoira en Bueu; e Loira en
Marín. Por todo elo a COORDINADORA POLA DEFENSA DO
LITORAL DO MORRAZO realizará unha actividade de denuncia,
en datas próximas, nun triste e representativo exemplo: a
praia de Pescadoira en Bueu.
§ Denunciar o continuo
acoso que veñen sufrindo os compañeiros do FORO
SOCIAL que están a paralizar as obras do porto deportivo do
Salgueirón, tanto en forma de correspondencia xudicial como
de graves ameazas directas por parte dalgúns traballadores
(elementos) da empresa adxudicataria das obras.
§
Advertir sobre os graves danos ecolóxicos sobre a ría
de Vigo que podería causar o novo espigón deste
porto deportivo, xa que contribuiría o estrangulamento da
ría entre esta zona e os recheos de Bouzas, na que quedaría
un paso de tan só 1.4 millas para que circulen as correntes
mariñas, podendo alterarse gravemente o reparto dos
nutrientes mariños que constitúen a base da pesca, a
acuicultura e o marisqueo na ría de Vigo.
§
Chamar a atención sobre o grave efecto "pantalla"sobre
as vistas da ría que van causar as novas infraestruturas
para usuarios ("casetas") que se están a
construir no peirao de Cangas. Ademais de considerar excesivo o
seu custe (1.5 millóns de € ). Advertir ademais sobre
a contaminación lumínica de paseos e zonas
portuarias, que ten efectos negativos sobre a pesca e os
ecosistemas mariños.
*Colectivos
reunidos: Plataforma Anduxía (Bueu) Foro Social de
Cangas Luita Verde (Morrazo) Amigos do Morrazo Verde
(Morrazo) A.A.V.V. "O Tombo" de Ardán Grupo
Anduriña (Cangas) Cooperativa Cíes-Artesanais
(Moaña) Asoc. Cultural "A
Tiradoura"(Cangas) Colectivo Nacionalista de Marín Voces
polo Litoral de Teis
Natura
Celtica
Comunidade de
Montes de Aldán (xestora)
|
|