FORO SOCIAL POLA DEFENSA DO POBO
NOTA DE PRENSA DO FORO SOCIAL DE CANGAS
Temos
que saír ao paso das declaracións aparecidas en prensa
nas que a
alcaldesa, Clara Millán, afirma que o concello
ten que "tragar" coa
concesión de porto deportivo
en Massó. Dende o Foro xa lle temos
transmitido
documentación suficiente para asegurar que esa
concesión
incumpre totalmente a legalidade (non hai Plan de
Usos, a concesión no mar
é da Confraría, hai
unha finca de dominio público rexistrada ilegalmente
como
propiedade particular, etc), e que é a Autoridade Portuaria de
Vigo a
que ten restituír a legalidade, ou a xustiza a
traveso das múltiples
denuncias en curso.
En
canto as declaracións de Héctor Otero, a nosa opinión
é que para
arquitectura espectáculo e "referentes"
xa temos a Cidade da Cultura, e que
en Cangas precisamos
inversións que coiden do patrimonio, agora en estado
ruinoso,
e que eviten que a xuventude emigre. Non se pode permitir urbanizar
no
Salgueirón a Norman Foster o que en terreos similares
non se lle permite
urbanizar aos veciños de Cangas.
Non
entramos a valorar os comentarios sobre a proposta presentada por
A
Oitava Illa porque non tivemos a oportunidade de coñecela.
Recalcamos que o
Foro Social reclama O Salgueirón en
conxunto como terreo público que sirva
para remediar o
enorme déficit de Cangas en zonas verdes, e rexeitamos
calquera
aproveitamento residencial superior ao 10% que figura na
ordenación actual
(xa cuberto polas propiedades dos antigos
traballadores).
Foro Social de Cangas