CANGAS NON SE VENDE

FORO SOCIAL POLA DEFENSA DO POBO

O xuiz do xulgado 3 de Cangas ven de aceitar a acumulación de xuízos solicitada polos avogados de Puentes y Calzadas.

Esta decisión está recorrida, (entre outras cousas, os xuízos xa estaban convocados en firme e ninguén puxera obxecións), pero estes recursos non paralizan as actuacións e as dilixencias previas xa comenzaron, tomando declaración o 15 de xullo a dous imputados, Antonio Sangabriel e Tiago Pérez.

As denuncias foron presentadas entre maio e outono de 2009 e os presuntos feitos sitúanse en sete puntos diferentes, con datas na maior parte posteriores á colocación polo concello de sinais prohibindo o paso a camións.

A estratexia da acumulación responde a que nos xuízos separados a acusación estaba tendo enormes problemas en identificar os feitos sucedidos ese día concreto e as identificacións non tiñan a máis mínima seguridade, aparte de que os denunciantes non eran en ningún caso os presuntos coaccionados, como requeriría no caso das presuntas faltas de coacción.

Ese problema desaparece na pretendida calificación de delito e a acusación pretende culpar a uns poucos “cabecillas”, opositores pacíficos a este descarado pelotazo urbanístico, da organización de quendas e algo así como emitir ordenes para que veciños e veciñas de Cangas se interpuseran diante dos camións para non permitilos descargar pedra na “presunta” obra, que, hai que recordar de novo, non ven reflexada en ningún Plan de Usos, nin Plan Especial acordado co Concello, nin ten a preceptiva licenza municipal.

As declaracións de outros imputados estaba previsto continuara ao longo do mes de setembro.