FORO SOCIAL POLA DEFENSA DO POBO

|
CONVOCATORIA
DE MANIFESTACIÓN PARA O 8 DE XULLO
MANIFESTO 8 XULLO 2006 Esta convocatoria, realizada pola Confraría de Cangas, O Foro Social, a Coordinadora pola defensa do litoral do Morrazo, a Plataforma pola defensa da enseada de San Simón e a Plataforma pola defensa da ría-Cies, ten como obxectivo esixir as administracións o respecto medioambiental dun ecosistema que, os científicos o dín e todos o sabemos, atopase en grave perigo: a ría de Vigo e as súas costas. A falla das previsións e a deixadez fixeron que non se completase con efectividade o Plan de Saneamento Integral da Ría, tan reclamado e tamén tan publicitado durante anos. O continuos ataques contra o estado natural das ribeiras, as escorrentías causadas polos incendios e as obras erosionantes das infraestructuras están a mermar de xeito preocupante a capacidade rexeneradora da ría, que ate aquí, parece que creiamos inesgotable. A sentencia por contaminación da Comisión Europea é un aviso grave. Non se poden pechar os ollos nin tentar tapar a evidencia: se non reaccionamos imos matar un ecosistema que é o noso ben mais prezado. Mais de 15.000 empregos dependen directamente del, 9.900 mariñeiros da ría, 1.124 mariscadores e mariscadoras, 2.373 traballadores no mexilón ou na acuicultura, e 2.109 traballadores en terra. A quén temos en contra? Aos concellos, que están mergullados nunha locura urbanizadora e especulativa, construindo e proxectando casas e mais casas que permanecerán baleiras sen prever para elas os servizos adecuados e estragando o medio natural para beneficio duns poucos. Ás Consellerías de Política Territorial, Pesca e Medio Ambiente, que non son quen de controlar os ataques ó medio. Á Autoridade Portuaria de Vigo, a gran especuladora, que compra terreo público a 0 euros e o vende ou aluga a prezo de ouro. Ahí está o recheo de Bouzas devorando mais e mais ría. Como podemos loitar contra eles? Con unión entre todos nos, entre mariñeiros, ecoloxistas, mariscadoras, empresarios que viven do mar, cidadáns que queren viver nun entorno limpo e natural.. Manteñámonos informados, esixamos a información non manipulada ós medios. Preocupémonos un mínimo polo entorno e este nos recompensará. Esixindo o cumprimento das leis, que están ahí e están feitas para procurar protección medioambental e a igualdade de todos e todas ante as administracións. Non mais tratos de favor aos poderosos. Denunciémolos. Mobilizándose, é moi cómodo mirar para outro lado e quedar en casa, pero, desgraciadamente, eso é o que o que algúns aproveitan. Utilicemos a liberdade de expresión, non sexamos nos os primeiros en autocensurarnos por medo.
Hai agresións puntuais que ameazan en este mesmo momento: Esta obra de Massó, que só o esforzo denodado duns veciños está a parar. O ilegal porto deportivo da Lagoa, na Guía, con sentencias en contra que ninguén consegue facer cumprir. Un recheo inminente de Pescanova en Chapela. A ameaza dun macro porto deportivo en Canido. Outro ainda non completamente desbotado en Pescadoira, Bueu. Un novo proxecto de concesión para frigoríficos no estreito de Rande, en plena Rede Natura e que aproveita agora no vran para sair a exposición pública. A ampliación de Aucosa en Redondela. O recheo de 80.000 metros cadrados mais en Bouzas. A voracidade ilimitada e mala xestión da Autoridade Portuaria de Vigo, con Abel Caballero ao frente, cando xa se vendera o porto seco de Salvaterra como ampliación do espazo portuario. Hai mais..insistimos: unidade de acción, información, acción xudicial e ainda que non goste, mobilización. Temos que preparar unha mobilización ampla en Vigo, a ser posible en Setembro esixindo solucións e responsabilidades concretas. POLA DEFENSA DA RÍA E O LITORAL
|
|



