FORO SOCIAL POLA DEFENSA DO POBO


3.000
personas recuerdan a la Xunta sus compromisos con la defensa del
territorio
Decenas de colectivos se organizan al margen de
los partidos contra la depredación territorial
PABLO
LÓPEZ - Santiago - El Pais- 07/05/2007
Los más
condescendientes lo llamaron "toque de atención".
Otros, más inflexibles, denunciaron "alta traición".
Unas 3.000 personas tomaron ayer las calles de Santiago en defensa
del territorio y ante la "depredación" de la costa y
de los enclaves de mayor interés ecológico. Todos
ellos, unidos por un malestar en distinto grado con el Gobierno
gallego, del que se pretende una ruptura más clara con el
pasado. Decenas de colectivos se organizaron al margen de los
partidos políticos bajo el lema "Galicia non se vende",
en una convocatoria que pretendió revivir el espíritu
de Nunca Máis.
* Destrucción
irreparable
El espíritu de las movilizaciones que siguieron
al naufragio del Prestige planeó sobre las alrededor de 3.000
personas que salieron al tibio sol primaveral de Santiago para
proclamar que "Galicia no se vende". Sin más
pancartas partidistas que las de alguna organización
nacionalista juvenil, 36 colectivos organizados contra otros tantos
proyectos lesivos con el patrimonio natural desfilaron entre la
Alameda y la Plaza de la Quintana, el mismo recorrido que un lluvioso
1 de diciembre siguieron para gritar por primera vez "nunca
máis".
Las estrellas de la reunión fueron
la planta de Reganosa en la ría de Ferrol y las piscifactorías
en zonas protegidas. Pero la lista es mucho más larga: desde
la macrodepuradora de Coruxo, en Vigo, a la fraga de Menáncaro,
en Ferrol, pasando por el proyecto de Marina Atlántica en la
antigua conservera de Massó, en Cangas. Vigo se consolidó
como el punto del territorio gallego con más pleitos
ambientales pendientes, como el puerto deportivo de A Lagoa, en Teis,
el proyecto de ronda de circunvalación o el nuevo relleno de
Bouzas. Los detractores de las piscifactorías de Baroña
(Porto do Son) y Quilmas (Carnota) o los defensores del parque de
Rosalía de Castro de Lugo también se sumaron.
Pero
fueron Reganosa y las piscifactorías de Baroña y
Quilmas las que movilizaron a más manifestantes, y las que
destacó en su discurso el coordinador general de la asociación
ecologista Verdegaia, Xan Duro, que actuó ante el micrófono,
ya en la Quintana, como maestro de ceremonias, antes de que un grupo
de intelectuales y artistas leyera el manifiesto de la
convocatoria.
"Algo muy grave está pasando en
Galicia", clamó la actriz Mabel Rivera, encargada de la
lectura de los primeros párrafos del manifiesto. "Combinando
abandono y una extrema ambición depredadora, llevamos décadas
destruyendo el territorio", reza el manifiesto, que denuncia:
"Urbanismo caótico, infraestructuras de transporte
irracionales, campos de gol, puertos deportivos, embalses,
piscifactorías, parques eólicos indiscriminados, paseos
marítimos y fluviales rígidos, rellenos, monocultivos
de especies exóticas e invasoras, nulo respeto por las figuras
de protección ambiental y los espacios naturales protegidos".
Todo ello, con el agravante de la "inexistencia de una
ordenación territorial sostenible".
Había
colectivos de protección de la naturaleza detrás de la
convocatoria, pero también culturales. Y muchos arquitectos e
intelectuales, algunos de ellos, con su firma en apoyo del manifiesto
de la movilización. Como Manuel Rivas, Xosé Luis Méndez
Ferrín, Xosé María Álvarez Cáccamo,
Francisco Sampedro, Suso de Toro o Fran Alonso. "Pensamos que la
actual Xunta de Galicia y los ayuntamientos que salgan de las
próximas elecciones deberán coordinar sus esfuerzos",
se escuchó en la plaza de la Quintana, antes de que el
manifiesto reclamara un plan director de ordenación del
territorio. "Sin planificación central y democrática
de la ordenación territorial, el caos se perpetuará".
Vida
digna para todos
Como corresponde a una movilización
que pretende ceder el protagonismo a la sociedad civil, las caras
conocidas desfilaron perdidas entre el gentío, y la pancarta
de la cabecera la sujetaban representantes de unos cuantos colectivos
de la plataforma. "Galicia non se vende. Terra viva e vida digna
para todos", se podía leer en la primera fila. Bombos,
gaitas y panderetas animaron la marcha, mientras se coreaban
consignas como "Touriño, aprende, Galicia no se vende",
"Non, non, non, á especulación" o "la
ley del litoral llega tarde y llega mal". Por encima de todas
ellas, la más repetida: "A ría é nosa, e
non de Reganosa", de los manifestantes de Ferrol.
La
convocatoria no pudo competir con el día que los paraguas
tomaron Compostela mientras una gran mancha de petróleo iba
ensuciando toda la costa gallega, pero sus registros dejaron
satisfechos a los organizadores. Como resumió Xan Duro, de
Verdegaia, el de ayer era "el principio de un largo
camino".
Destrucción irreparable
La situación
de destrucción del territorio gallego exige "un golpe de
timón", para mudar un rumbo que conduce "al suicidio
colectivo". Las frases grandilocuentes abundaron en el discurso
final y en las intervenciones de los organizadores. Sin necesidad de
apelar al cambio climático y sus desastrosas consecuencias,
los que ejercieron de portavoces pusieron el acento en una multitud
de pequeñas -y no tan pequeñas- agresiones al
territorio, que están generando lo que Xan Duro, coordinador
general de la ecologista Verdegaia, tachó de "destrucción
irreparable".
"La situación del territorio
gallego es, en ciertos aspectos, catastrófica", se
escuchó en la plaza de la Quintana de Santiago. "Un
terremoto de especulación y de depredación de la tierra
y del mar está destruyendo nuestra naturaleza, nuestro paisaje
y nuestra forma de vida. Están destruyendo, por lo tanto, la
propia identidad de Galicia. Sonó la hora de que digamos
basta", añadieron los lectores del manifiesto. De ahí
que llegara el aviso en plenas vísperas electorales. No fue
ninguna coincidencia.


A situación do
territorio galego é catastrófica. Por unha banda, o
factor agrícola e gandeiro desaparece literalmente da
superficie do País e, pola outra, un urbanismo disparatado,
unha forestación masiva e mercantilista e unha predación
sen taxa nin medida dos xacementos xeolóxicos está a
mudar o rostro de Galicia para mal e ao servizo só duns
poucos.
Ate o de agora, unidos os intereses dos especuladores
cos intereses da administración autonómica e municipal
indisolubelmente, lanzouse unha carreira en persecución do
lucro inmediato cuxa meta parece ser a destrución dos valores
(que o son tamén económicos) da nosa paisaxe e da nosa
herdanza natural, así en terra como en mar.
Pensamos
que a situación actual esixe un golpe de leme para mudar este
rumo que nos conduce á catástrofe no que ao medio
ambiente se refire. E esa mudanza, de natureza política, debe
ter en conta os intereses da maioría da poboación que
desexa un País ordenado, racionalizado e próspero. O
tempo da permisividade unida á corrupción nos concellos
e na Xunta ten que rematar e todos e todas temos que acelerar ese
final.
Pensamos que a actual Xunta de Galicia e os concellos
que saian das vindeiras eleccións deberán coordinar os
seus esforzos. E non só iso: a lexislación deberá
modificarse e os poderes centrais de Galicia están chamados a
elaborar un PLAN DIRECTOR DE ORDENACIÓN DO TERRITORIO,
naturalmente discutido e consensuado polas organizacións
sociais e núcleos de opinión. Esta participación
das multitudes na elaboración de tal Plan Director constituirá
a garantía de que sexa plenamente democrático. Ora ben,
sen planificación central e democrática da ordenación
territorial o caos perpetuaríase.
Desde A Guarda a
Ribadeo, desde O Caurel á Terra Cha, un terremoto de
especulación e depredación da terra e do mar está
destruíndo a nosa natureza, a nosa paisaxe e a nosa forma de
vida. Está destruíndo, polo tanto, a propia identidade
de Galicia. Soou a hora de que digamos: ABONDA!
A mobilización
do 6 de maio en Compostela ten que significar unha grande xornada de
esperanza e unha chamada á Xunta de Galicia e as
administracións locais para que exerzan realmente o poder de
que dispoñen para frear esta vaga de degradación e
dilapidación do noso patrimonio sen se deixar intimidar polas
forzas poderosas do diñeiro e da cobiza.
Cando
nun país persoas de todas as condicións se unen en
pequenos grupos espallados por toda a súa xeografía
para defender a súa paisaxe, a súa riqueza natural e a
súa forma de vida, é porque algo está pasando.
E
en Galicia está pasando.
Cando os nomes deses grupos de
cidadáns e cidadás empezan por expresións como
"Salvemos a", "En Defensa de", ou "S.O.S.",
é porque algo moi grave está pasando.
E en Galicia
está pasando, dun extremo ao outro do seu territorio.
O
máis doloroso é que a orixe desta situación de
extrema gravidade que ameaza á nosa terra e ao noso mar non é
unha catástrofe natural nin unha fatalidade. Non. Ven de
dentro. Ven da man da cobiza, da falta de conciencia social, da
ambición depredadora, da ignorancia, da irresponsabilidade e
da cega ambición de persoas que, dende as empresas, dende as
administracións públicas ou nas súas actuacións
particulares están a destruír a nosa paisaxe e o noso
patrimonio cultural, están a empobrecer a biodiversidade,
están a empiorar a nosa cualidade de vida e a malvender o
futuro das vindeiras xeracións.
Para eles nada ten valor
porque todo ten prezo.
E iso é o que está
pasando agora mesmo en Galicia. Dun extremo ao outro do seu
territorio.
* Cando todas esas voces que se alzan alarmadas,
pola enorme magnitude da desfeita, son sempre desoídas,
silenciadas, é que algo está fallando.
*Cándo
a cidadanía responsábel e consciente ten que saír
á rúa para berrar a súa protesta porque non
existen canles de participación directa na conformación
desta realidade compartida que é Galiza, é que algo
está fallando
*Cando cada día se repiten as
agresións ao medio ambiente sen que ningún poder lles
poña freo, é que algo está fallando.
*Cando
un furacán de devastadora cobiza se propaga ata o último
recuncho de Galicia arrasando paisaxes, espazos protexidos, parques
naturais e reservas ecolóxicas, é porque algo está
fallando.
*Cando a artificialización do noso litoral
con recheos, portos deportivos, urbanizacións, industrias
nocivas e piscifactorías está poñendo en grave
perigo o seu principal recurso natural, a pesca e o marisqueo, é
que algo vai mal.
*Cando non somos capaces de entender os
miles de anos de relacións equilibradas entre o home e a
natureza que fixeron do territorio galego un patrimonio cultural a
respectar, valorar, conservar e transmitir, é qie algo está
a fallar
*Cando os espazos naturais, teoricamente protexidos
pola lei, son sistematicamente espoliados e vense asolagados por
proxectos e instalacións industriais que estragan os seus
valores, é que algo está a fallar
*Cando a
sobreexplotación absurda dun territorio, promovida polo afán
de acumular millóns a costa do que sexa, está a deixalo
cada día máis ermo e esgotado, é que algo vai
mal.
*Cando se empregan para iso cartos públicos
investidos sen pudor nin prudencia en macroproxectos insensatos e
ruinosos que só enriquecen a uns poucos especuladores, case
sempre os mesmos, deixando as arcas do pobo entrampadas para
decenios, é que algo vai moi mal.
*E cando esas
actuacións están ao servizo só dos intereses
duns poucos, de multinacionais e empresas privadas, e ameazan a forma
de vida tradicional de milleiros de familias e a saúde e o
benestar do conxunto da cidadanía, é que algo vai
rematadamente mal.
Están a fallar moitas cousas,
demasiadas, desde unha punta á outra do noso territorio. E
cando unha cousa falla, cómpre cambiala. Hai que cambiar
actitudes, modelos, plans e actuacións. E cómpre
cambiar as leis para que poidan amparar, protexer, impulsar e
garantir ese cambio.
E por iso esiximos:
A implantación
dunha nova cultura do territorio que entenda e protexa a nosa
identidade territorial con criterios de racionalidade e progreso, que
busque o diálogo entre valores globais e locais, que recupere
o equilibrio home-terra, que procure a adecuación dos usos do
solo ás súas aptitudes, que non destrúa as nosas
mellores paisaxes tanto naturais como culturais, que free a
especulación inmobiliaria, que facilite o acceso a unha
vivenda digna, que mellore a habitabilidade de cidades, vilas,
parroquias e aldeas e reduza a demanda de transporte motorizado,
xerando proximidade.
O cumprimento da lexislación
vixente. Porque o grao de incumprimento da lexislación de
protección ambiental e do patrimonio no noso país é
moi alto, pódese cualificar mesmo de escandaloso. Sen dúbida,
é preciso ampliar e mellorar a lexislación de
protección ambiental, ordenación do territorio e
urbanismo pero primeiro cómpre garantir o cumprimento da
lexislación existente. De pouco servirá termos unha
lexislación mellor se persiste o desleixo actual na súa
aplicación ou se se aplica en moi pequena medida,
particularmente cando afecta ás propias Administracións
e a grandes empresas.
Unha nova Lei de Ordenación do
Territorio que delimite o que se pode facer e onde, fundamentada na
protección dos valores sociais, ambientais e culturais do
territorio galego. Os modelos de planeamento deben ter un marco de
referencia supramunicipal que proporcione coherencia ao territorio e
facilite o funcionamento dos servizos, do abastecemento e dos
equipamentos.
Unha nova lei que, partindo da protección
de todo o solo non urbanizable, estableza a obriga de demostrar a
necesidade e racionalidade de modificar esa protección polas
necesidades de crecemento dos núcleos de poboación.
Unha
lei que debe significar tamén a desaparición do axente
urbanizador, unha figura que nos retrotrae a un pasado escuro e
feudal, con capacidade para decidir sobre as propiedades
alleas.
Promover unha Estratexia de xestión
integrada do litoral que estableza a necesaria coordinación de
todas as políticas que inflúen sobre a zona costeira,
que racionalice a actuación das distintas administracións
con competencias sobre o litoral, e que estea baseada na protección
dun tecido económico diversificado.
Unha xestión
que prime as actividades cun alto compoñente de emprego
estábel e que remate con esas políticas de "pan
para hoxe e fame para mañá" como a promoción
de segundas e terceiras vivendas na costa ou as baseadas en
industrias cun alto impacto ambiental e baixo nivel de emprego como
as que significan tráficos perigosos e nocivos nas rías,
as plantas de gas ou as piscifactorías.
Protección
efectiva dos espazos naturais e ampliación das figuras de
protección ambiental. A protección ambiental debe
aplicarse de xeito rigoroso, definindo claramente os lugares
protexidos e creando corredores ecolóxicos, pontes de vida que
permitan manter ecosistemas dinámicos e interconectados
Exemplos como a delimitación por parte da Xunta do futuro
Parque Natural do Courel onde se deixa sen protexer grande parte da
zona sur para facilitar a instalacións de canteiras de
pizarra, indican claramente o desleixo da administración na
protección de espazos de alto valor ecolóxico.
Transparencia
e participación da cidadanía nas decisións que
afectan ao territorio. As políticas públicas, como
indica o seu nome, esixen unha ampla discusión entre a
cidadanía e as administracións implicadas e da
contraposición dos distintos intereses que xiran arredor delas
para achar o balanzo máis positivo en termos sociais,
económicos e ambientais. Cómpre desenvolver estruturas
de participación cidadá efectivas que permitan aos
colectivos sociais participar dende o seu inicio no desenvolvemento
dos actuais e futuros procesos urbanísticos e que a súa
opinión sexa tida en conta.
Responsabilidade e
concienciación ás persoas que habitamos esta terra. A
nosa vida non se entende sen o territorio: sobre el temos a nosa
vivenda, por el nos desprazamos, del tiramos alimento e enerxía,
nel deitamos os nosos residuos, traballamos, pasamos o noso tempo de
lecer… e facémolo así desde hai séculos,
nel está a nosa historia. O territorio que habitamos conta con
paisaxes fermosas e singulares e alberga, ademais, moitas outras
formas de vida, acubilla biodiversidade. O xeito de relacionármonos
co territorio que temos cada un de nos, habitantes desta terra,
definirá en grande medida o noso futuro, polo que cómpre
concienciármonos da súa vital importancia e exercer a
nosa relación con responsabilidade, pensando no ben
colectivo.
E reclamamos todas estas medidas porque, para a
nosa desgraza, o patrimonio que herdamos e permitimos que nos
destruíran, xa non o poderemos recuperar nunca. Pero, se nos
quedamos de brazos cruzados, acabaremos perdendo tamén, e para
sempre, o que aínda hoxe conservamos.
E para entón
só nos quedaría a opción de chorar.
Pero
non queremos nin lamentarnos, nin acomodarnos, por iso estamos hoxe
aquí, para expresar colectivamente, unha vez máis, o
noso rexeitamento a degradación da nosa terra e para esixir, a
aqueles que desde o poder teñen a capacidade de facelo, que
dean os pasos necesarios para deter esta destrución
planificada
Cada recuncho desta terra foi sempre, para os que
vivimos nela, un ser con vida propia, protagonista de moitas facetas
das nosas propias vidas. Tamén é unha paisaxe, a
paisaxe da infancia, o primeiro universo por nós coñecido,
gravado no máis fondo de nós e convertido en paisaxe
interior de cada un e cada unha.
Para outros, en cambio, é
só un escenario de negocios, un teatro para a
especulación.
Por iso, desde este lugar emblemático
de Galicia, queremos lanzar un fío de esperanza e resistencia
a todos os reductos do territorio galego ameazado, para xuntos e
firmes defender o noso patrimonio irrenunciable: a paisaxe, a vida e
a identidade do noso pais, do noso planeta.
Galicia non se vende.
Terra viva e vida digna para todas e todos.!