FORO SOCIAL POLA DEFENSA DO POBO


En
Bouzas...
Roubáronnos a praia, co seu
recheo
Roubáronnos o mar, cos seus peiraos
Roubáronnos
o marisqueo, coa sua contaminación
Roubáronnos o
solpor coa sua ponte
Roubáronnos a paisaxe co seu monstro
horrendo
Roubáronnos as estrelas cos seus potentes
focos
Roubáronnos o silencio co tráfico e as suas
industrias.
Agora...
Quérennos
roubar o recendo mariño cos seus aterramentos
Quérennos
apestar coa chafallada da sua depuradora
Quérennos
atravessar co seu trem chu-chu
Quérennos enganar cos seus
contos infantis
Quérennos afogar cos seus escombros e
lixo
Quérennos deixar sen ria co seu falso progreso
E
fano...
Porque a sua cobiza non ten límite
Porque
a beleza lles espanta
Porque son amigos do chapapote e o
formigón
Porque ven o meio ambiente como unha
mercadoria
Porque confunden os intereses das multinacionais cos do
povo
Porque exproprian á xente para agasallar ás
empresas
Porque enchen os petos destrozando a ria
Porque violan
impunemente as suas próprias leis
Porque mercan as vontades
dos infelices en venta
Porque estan enfermos de indignidade
Porque
quen sofre somos sempre nós: os peixes e moluscos,
as
gaivotas, as veciñas e veciños a xente que vive do mar
e a mai natureza.
E nos berramos...
Basta
de roubos
Basta de cacicadas
Basta de recheos
Basta de
contaminación
Veciñas
e veciños de Bouzas